“O SEU DESTINO ERA CHEGAR A SER O QUE FOI” chega a Petín

 

A exposiciónO SEU DESTINO ERA CHEGAR A SER O QUE FOI” sobre o atleta Luis Nogueira, chega a Petín, onde poderá visitarse dende o próximo 1 de decembro ata primeiros de xaneiro, momento en que rematará o seu percorrido pola comarca de Valdeorras. É por isto, que queremos convidarvos a asistir a inauguración da mesma o próximo xoves 1 de decembro ás 17h30 no Teleclub de Petín.

Como en ocasións anteriores, farase un percorrido pola súa vida e poderémonos achegar a obxectos persoais, como a súa xavelina coa que gañou numerosas competicións deportivas. Ademáis de deportista, Luis era aficionado á lectura, á escritura, á fotografía, amante da súa terra, da natureza, de conectar coa xente… De todas estas experiencias proceden as fotos e os escritos que se amosan na exposición e que pretenden reflectir o seu modo de ser e vivir.

A exposición permanecerá aberta dende o xoves 1 de decembro ata o domingo 8 de xaneiro. O horario para poder visitar a exposición será os venres, sábados e domingos de 17h30 a 19h30 no Teleclub de Petín.

Descubre más artículos interesantes de entre 2014-2024 de CTP en nuestro Archivo Histórico donde hemos seleccionado varios de otro enfoque para que puedan seguir siendo accesibles a pesar de estar desde 2025 enfocados en el Mundo Rural.

Scroll al inicio