Carreira do turrón

 

Atopamos dentro do programa de actividades deportivas deste vindeiro Nadal, a celebración da 8ª Carreira Popular Solidaria Do Turrón!! Vai ser o vindeitro día 19 de decembro ás 20:00h.

Será unha carreira popular non competitiva, na que se porá a disposición dos participantes dous circuitos sinalizados:

  • Un para os máis pequenos da casa ou para aqueles cativos/as que teñan menos forzas!! (recomendable para menores de 6/7 anos)
  • Outro para os/as máis decididos/as seguindo o seguinte percorrido: saída na Praza Andrés de Prada- Pérez Lista dirección á rúa xeral ata Abdón Blanco-volta á fonte do final do Malecón, regreso ata o quiosco do Toño e meta en Andrés de Prada onde se deu a saída, e onde se fará a chocolatada e se sortearán todos os lotes de produtos navideños.

Como novidade, poderase dar 1, 2 ou 3 voltas según decidan os participantes.

Además esta carreira terá fines solidarios xa que haberá unha recollida de alimentos non perecederos que serán doados integramente ao BANCO DE ALIMENTOS. Poderán facerse as doazóns cando se vaia a recoller o dorsal, tanto no Departamento de Deportes como o día da carreira.

Poderase participar camiñando ou correndo.

Premios

Premios individuais:

  • Agasallos para tódolos nenos/as máis cativos/as
  • Premio ao mellor disfraz navideño individual: que será premiado con material deportivo.
  • Premio ao mellor disfraz navideño colectivo (entendendo por colectivo un grupo de dúas ou máis persoas disfrazadas xuntas): serán premiados cun lote de produtos de nadal.
  • Premio ao corredor mais xove: será premiado con material deportivo.
  • Premio ao corredor mais veterano: que tamén será premiado con material deportivo.
    *Nestas dúas últimas categorías, se a organización o precisase, os participantes deberán acreditar a súa idade mediante DNI.

Premios colectivos:
*Para os premios colectivos, será obrigatorio que os compoñentes de cada grupo traian camisetas da mesma cor, ou algo que distinga
ao grupo visualmente.

  • Asociación que presente máis asociados: para poder concursar nesta categoría a asociación deberá formalizar a inscrición mínimo un día antes da carreira, enviando ao Depart. Deportes unha relación de nomes e apelidos dos participantes que
    presentará, para que os xuíces o propio día da competición na entrega de dorsais revisen a presenza ou non dos mesmos. Indicarán tamén o nome da persoa de contacto e o número de tf para calquera dúbida que xurda. Serán premiados cunha gran cesta de produtos de Nadal.
  • Club deportivo que presente máis deportistas: seguiremos as mesmas indicacións que na modalidade anterior, e cada deportista deberá amosar a súa licenza no momento da recollida do dorsal. Serán premiados cunha gran cesta de produtos de Nadal.
  • Sorteo de produtos de Nadal entre os/as participantes
  • Chocolatada e Churros para os/as participantes
    *Sorteos: na Praza ao remate das carreiras.
    Inscricións e dorsais: IMPORTANTE:
    OPCIÓN 1: Do 9 ao 18 de decembro (ata as 14hrs):
    -Chamando ao 988-682496 ou pasando por Deportes (Casa da Xuventude, 3º andar) de 9 a
    14hrs.
    -Enviando un mail cos teus datos a: juventudydeporte@concellodobarco.org
    Con esta inscrición recibirás un CHOCOLATE CON CHURROS ao remate da proba e
    participarás no SORTEO de produtos de Nadal e agasallos.
    Recollida do dorsal, no mesmo prazo de inscrición e horarios e tamén o día da carreira de 17.30
    a 19hrs.
    OPCIÓN 2: O propio día da carreira de 17.30 a 19 hrs na Praza de Andrés de Prada.
    Con esta inscrición NON PARTICIPARÁS NO SORTEO de produtos de Nadal e agasallos, e
    recibirás un Chocolate con churros ao remate da proba SE EXISTEN EXISTENCIAS unha vez
    repartidos entre os/as participantes que optasen pola anterior inscrición q