71 persoas atendidas en 50 accidentes de circulación durante a fin de semán na comunidade

U061rxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 71 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 26 de setembro, ata as 23:59 horas do domingo, 29 de setembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 20 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 71 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 65 e 35 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 41 por cento dos atendidos tiña entre os 15 e os 29 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas, seguide de Pontevedra con 19, Ourense con 5 e Lugo con 3.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 74. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a nove sinistros, o helicóptero medicalizado trasladou a dúas persoas, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 54 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis ocasións. As ambulancias concertadas rexistraron tres mobilizacións.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.

También te podría gustar...