4.776 usuarios dos centros de Rubiá, Carballeda, Vilamartín e O Barco de Valdeorras invitados ao Programa de Prevención de Cancro Colorectal

  • Preto de nove mil ourensans participaron xa no programa de prevención de cando colorectal en Ourense nos primeriors oito meses
  • Grazas ao programa diagnosticouse a presenza de lesións canceríxenas ou precanceríxenas en 214 pacientes nos que se iniciou tratamento en menos dunha semana
  • A principal vantaxe do programa é que permite detectar a existencia de lesións antes de que deriven en cancro ou, cando xa son malignas, abordalas nun estadío moi inicial con maior efectividade e moito mellor pronóstico
  • Das mais de 8.700 persoas que participaron, 542 deron positivo ao test que detecta a presenza de sangue en feces, o que indica a existencia de pólipos, que poderían ser malignos ou chegar a selo, e que pasan desapercibidos por non dar síntomas
  • Segundo os primeiros resultados do Programa Galego de Cribado de Cancro Colorectal, implantado só en Ferrol e que se está estendendo a todo Ourense, ás taxas de detección de cancro en “Estadío I” (o menos avanzado) pasa do 14% de casos ao 52%

SERGASNos primeiros oito meses de funcionamento en Ourense do Programa Galego de Cribado de Cancro Colorectal, o Servizo Galego de Saúde detectou xa a presenza de lesións en 214 pacientes, unha cifra moi significativa tendo en conta que ata o momento tan só hai datos dos test realizados ás 8.700 persoas, dos 23.198 ourensáns de 50 a 69 anos, aos que se invitou a participar, neste programa preventivo que se esta a estender a toda a provincia de xeito gradual, tralo seu pilotaxe na Área de Ferrol, e que nun futuro ampliarase a toda Galicia.

O obxectivo fundamental deste programa, desenvolvido pola Consellería de Sanidade, é reducir a mortalidade deste tipo de tumores, un dos mais frecuentes, aumentando a supervivencia e reducindo súa incidencia mediante o diagnóstico precoz, tanto nos seus estadíos iniciais de cancro, como antes de que se desenvolva, detectando a existencia de lesións ou pólipos colorectais precancerosos, que pasan desapercibidos, por ser na súa maioría asintomaticos.

Este programa preventivo, no que Galicia foi unha das primeiras comunidades en poñer en marcha, vai dirixido ás persoas con risco medio de padecer cancro colorrectal: poboación entre 50 e 69 anos sen outros factores de risco que, no caso da provincia de Ourense rondan os 87.000. A proba de cribado será o test de sangue oculto en feces, cun intervalo entre exploracións de dous anos.

Para elo, desde o pasado mes de xuño, usuarios deste rando de idades dos centros de saúde Novoa Santos e A Ponte, en Ourense, e das bisbarras de Ribadavia e Maceda, recibiron no seu domicilio unha carta informativa invitandolles a participar nesta acción preventiva. En total 23.198 usuarios, deles, responderon afirmativamente preto de 9.000 persoas, que recibiron no seu domicilio o material necesario para a toma da mostra de sangue presente en feces e as instrucións para utilizala. Este “test” foi realizado e entregado no seu centro de saúde por 8.706 persoas, nuns buzóns específicos instalados no seu centro de saúde, desde onde se envían ao laboratorio do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para seu análise.

Ao longo dos próximos meses esta previsto captar á totalidade de usuarios da provincia, polo que en breve comenzarán a recibir as cartas de invitación a participar no programa os usuarios do resto de centros de saúde da cidade de Ourense e algúns concellos limítrofes, e este mesmo mes invitouse a 4.776 usuarios dos centros de Rubiá, Carballeda, Vilamartín e O Barco de Valdeorras, no oriente ourensán.

Cando a mostra é positiva, é dicir que determina a presenza de sangue, o paciente é citado directamente a consulta co seu médico de cabeceira, que lle explica o significado deste resultado e a necesidade de realizar unha exploración mais completa, que consiste nunha colonoscopia, para descartar ou confirmar -pero tamén tratar- lesións malignas ou pólipos, que poden ser precursores dun tumor. Asemade, cando resulta negativa, se lles envía unha carta indicando que todo esta ben e que se lles volverá a invitar a participar no prazo de dous anos.

214 colonoscopias= 16 diagnósticos de cancro colorectal

O servizo de referencia para a realización das colonoscopia, é o Servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, no que son citados nun prazo inferior a un mes. Dos resultados das 214 xa colonoscopias rexistradas, das 367 realizadas nestes primeiros oito meses en Ourense, 16 resultaron ser cancro colorectal invasivo; 34 adenomas (pólipos) de alto risco, 95 adenomas de risco medio e 69 adenomas de baixo risco.

Como destacou hoxe na presentación dos resultados iniciais do Programa en Ourense, o Dr. Joaquín Cubiella, do Servizo de Dixestivo do CHUO e un dos promotores deste programa en Galicia a través das súas investigacións sobre as vantaxes deste cribado, a poboación debe participar no programa, porque “Participar é unha opción de cambiar o futuro” Para Cubiella, con este programa “Vamos a previr o cancro, vamos a reducir a mortalidade por cancro colorectal” pero para elo a poboación debe concienciarse que cunha sinxela proba, coa realización dun xesto indoloro e fácil de toma dunha mostra en casa pode estar salvando a súa vida, porque na actualidade o servizo de dixestivo esta diagnosticando unha media de dous cancros colorectais á semana.

Participar para previr. Previr para Vivir

Segundo os resultados iniciais do Programa Galego de Cribado de Cancro Colorectal en Ourense, que presentou hoxe Jorge Suanzes, Subdirector Xeral da Consellería de Sanidade e un dos responsables desta iniciativa de Saúde Pública, as taxas de detección de cancro en “Estadío I”, o menos avanzado e por tanto con maiores posibilidades de curación plena, cun tratamento moito mais sinxelo e menos agresivo, pasou do 14% de casos ao 52%. Confirmando así os beneficios desta iniciativa.

O Cancro Colorectal está, entre os tres máis frecuentes en homes da Unión Europea e é o segundo en mulleres. Mentres que en Ourense, a taxa de mortalidade por esta causa está por riba da media galega. Así, no 2012 a taxa en homes nesta provincia foi de 44,6 defuncións por 100.000 habitantes e en mulleres de 38, mentres que en Galicia foi de 37,9 e 27,8 respectivamente.

Pese a eficiencia demostrada, o programa aínda conta en Ourense cunha baixa participación, ata o momento tan só entregaron o test o 37,53% dos 23.198 ourensans aos que se convocou a partipar, ainda que, tendo en conta os resultados finais acadados en Ferrol na fase piloto, o 48,36%, os profesionais implicados esperan que esta participación ascenda nos próximos meses, conforme a poboación coñeceza mellor o programa e seus resultados.

O Dr. Cubiella subliñou que -“Ao redor do 7% dos test están resultando positivos á presenza de sangue en feces, estamos realizando aproximadamente 35 colonoscopias á semana, das que ao redor de 3 de cada 4 teñen pólipos, e 1 de cada 16 cancro, co que, cada semana, estamos diagnosticando entre dous e tres cancros de colorectais en pacientes asintomáticos e que participan no programa de cribado” Ademais, destacou, “ A metade ten unha probabilidade de curación superior ao 90%”, polo que cree que a participación debe ser un mensaxe básico entendido pola poboación.

Cubiella animou a participar porque “E unha mostra moi pequena, que se pode facer facilmente na casa, cun sistema de envío moi sinxelo, e que na maior parte dos casos vai ser negativa”, pero, si é positiva o efecto de poñerse canto antes a tratamento “Lle vai a cambiar o futuro. Seguro”

También te podría gustar...