• O CAE 112 Galicia xestionou un total de 131 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa
Archivo

Archivo

O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia xestionou no día de hoxe -entre as 06:00 e as 18:00 horas- un total de 131 incidencias relacionadas co fenómeno adverso laranxa por vento en terra e nos litorais das provincias de A Coruña e Pontevedra. O maior número de intervencións –un total de 66- estiveron relacionadas ca retirada de pólas e árbores caídas en estradas principais e secundarias da comunidade galega.

Ademais, rexistráronse case unha trintena de chamadas por mor de anegamentos en vivendas, rúas, baixos comerciais e bolsas de auga en estradas. Por fortuna, non se rexistraron danos persoais causados pola desfavorable meteoroloxía, nin graves danos materiais.
A provincia máis afectada foi Pontevedra, con 53 incidencias, seguida de A Coruña, con 44. Pola súa parte, Lugo e Ourense foron as menos afectadas, con 18 e 16 incidencias, respectivamente.