10ª Xuntanza de Blogueiros gastronómicos de Galicia

  • O Concello de Monforte colabora coa visita de 40 bloggers gastronómicos 
  • O obxectivo desta 10ª Xuntanza de Blogueiros gastronómicos de Galicia é amosar ó mundo a riqueza gastronómica e turística da Ribeira Sacra e da súa capital, Monforte de Lemos
  • O Concello patrocinou á recepción oficial dos asistentes, na que tivo lugar un almorzo con produtos típicos da zona e unha visita guiada ó Centro do Viño da Ribeira Sacra

 

A primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, recibiu no Centro do Viño ós 40 bloggers gastronómicos, procedentes de toda Galicia, que se desprazaron hoxe ata o sur da provincia de Lugo co obxectivo de amosar ó mundo a riqueza gastronómica e turística da Ribeira Sacra e da súa capital, Monforte de Lemos.

10ª  Xuntanza de Blogueiros gastronómicos de Galicia

Os actos comezaron ás 10.00 horas cunha recepción oficial a cargo das representantes municipais, a cal consistiu nun almorzo con produtos típicos da zona e unha visita guiada ó Centro do Viño da Ribeira Sacra, actividades todas elas patrocinadas polo Concello monfortino.

A continuación, os corenta blogueiros procedentes de toda Galicia, viaxaron ata o peirao da Ponte do Sil para realizar un paseo en catamarán polo Canóns do Sil, patrocinado pola Deputación de Lugo.

O encontro rematou cunha comida no Restaurante Merenzao, onde se serviu un menú de quilómetro 0, elaborado polo cociñeiro Carlos Javier González Sánchez e que contou coa colaboración de diversas empresas galegas e Denominacións de Orixe de referencia no sector da gastronomía e dos produtos de calidade.

Estes encontros de bloggers son de gran importancia, non só para promocionar a gastronomía da Ribeira Sacra en xeral, e a de Monforte en particular, senón tamén para dar a coñecer os atractivos turísticos e culturais da comarca. Hai que ter en conta que entre todos eles suman moitos miles e miles de seguidores en todo o mundo, e como é lóxico, referiranse nas súas bitácoras es blogs á experiencia que vivirán esta fin de semana en Monforte e na Ribeira Sacra.

También te podría gustar...