xunta de galiciaEn concreto, na comarca de Viana concedeuse un obradoiro á Mancomunidade Intermunicipal Conso-Frieiras, composta polos concellos de A Gudiña, Riós e Vilariño de Conso. Neste caso, as especialidades nas que se formarán os beneficiarios serán xardinería e axuda a domicilio.

Ademais, a comarca de Viana contará con outra iniciativa destas características, que chegará tamén á comarca de Valdeorras. Trátase do obradoiro “Bosques de Trevinca-Macizo central”, impulsado por A Veiga, O Bolo e Viana do Bolo. Os beneficiarios especializaranse en xardinería e albanelería.

En Valdeorras haberá un obradoiro nos concellos da Rúa, Vilamartín, Larouco e Petín, que se centrará na xardinería. E Verín e Vilardevós compartirán outro proxecto, que ofertará formación en albanelería, carpintería e xardinería.

En cada unha destas catro iniciativas -distribuídas nas comarcas de Viana, Verín e Valdeorras- participarán 20 alumnos, grazas a un investimento de 180.000 euros en cada proxecto. En todo os os casos, suporán a realización de obras ou servizos de interese para a comunidade.