O II Xostra Rock de Viana oferta a música de “Ses”, “Os Cuchufellos”, “Catro no escano” e “Acid Project”

  • Será o vindeiro 13 de agosto a partires das 21,00 horas na Praza Maior
Presentación cartaz Xostra Rock por Matías Diéguez, presidente da Asociación Xostra e a concelleira Graciela Diéguez

Presentación cartaz Xostra Rock por Matías Diéguez, presidente da Asociación Xostra e a concelleira Graciela Diéguez

 

Viana do Bolo celebrá o festival “ Xostra Rock” o vindeiro 13 de agosto (sábado), a partires das 21,00 horas, na Praza Maior de Viana do Bolo. Nesta segunda edición de 2016 contará coa presenza de importantes figuras do ámbito musical.  Actuarán os grupos musicais galegos  “Ses” e “Os Cuchufellos” (na súa xira de despedida). A eles uniránse as actuacións do grupo local “Catro no Escano” e da banda ourensá “Acid Project”.

O presidente da Asociación  “A Xostra de Viana”,  Matías Diéguez Redondo,  e a terceira tenente de Alcalde e responsable de Cultura, Xuventude e Festexos, Graciela Diéguez Rodríguez, deron a coñecer nos últimos días o programa e cartaz desta cita festiva. Ambos confían en que o festival concentrará un bó número de persoas na localidade sendo unha das actividades do verán de Viana do Bolo máis importantes para dinamizar ó pobo.

Está organizado pola citada asociación en colaboración co Concello de Viana e a  Deputación provincial de Ourense.

Cartel Xostra Rock

Cartel Xostra Rock

 

También te podría gustar...