Manuel Baltar recibe ao ex xogador do COB Juanjo Bernabé

1 1 1 1 1 1 MB e Bernab

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onteno Pazo Provincial ao ex xogador do COB Juanjo Bernabé, un encontro que coincide no tempo coa boa nova que se ven de producir de conseguir o ascenso á ACB do Club Ourense Baloncesto.

Baltar e Bernabé lembraron a etapa na que ámbolos dous formaron parte do COB, no consello de administración e no equipo, e Bernabé quixo aproveitar para trasladar a toda a afección cobista e á cidadanía de Ourense os parabéns polo ascenso á ACB.

Juanjo Bernabé xogou no COB varias tempadas, foi capitán do equipo, «e grazas a unas canastras súas puidemos ascender á ACB na tempada 1999-2000», remarcou o presidente da Deputación. Na actualidade, Juanjo Bernabé sigue ligado ao deporte traballando no ámbito da intermediación de xogadores.

También te podría gustar...