Deputación Ourense

 

Manuel Baltar inaugurará mañá a Xornada de impulso e asesoramento técnico para experiencias turísticas

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura mañá martes, 23 de setembro, no salón de actos do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” a “Xornada de impulso e asesoramento técnico para a creación e comercialización de experiencias turísticas”, iniciativa na que colabora a Deputación de Ourense e que está promovida pola Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (SEGITTUR).