• Manuel Baltar, elixido vicepresidente de “Partenalia”, a organización de gobernos locais intermedios de Europa
  • Na reunión, que se celebra hoxe en Bruxelas, na que participa o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o Consello Político de Partenalia presenta diante do Comité das Rexións os avances acadados polos gobernos locais intermedios no que atinxe a transparencia, democratización e bo goberno das institucións

0 0 MB e Partenalia mar16

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, foi elixido esta mañá en Bruxelas vicepresidente de “Partenalia”, a organización internacional de gobernos locais intermedios de Europa, que ten como obxectivo a innovación, o traballo en rede e representar os intereses dos gobernos locais en Europa.

Na reunión, celebrada hoxe en Bruxelas, na que participa o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o Consello Político de Partenalia presenta diante do Comité das Rexións os principais avances acadados na promoción dos gobernos locais intermedios no que atinxe a transparencia, democratización e bo goberno das institucións.