Trives apúntase ao ‘Terraceo’

  • Dous establecementos da Pobra de Trives ofrecerán actuacións en directo os xoves de xullo e agosto na Praza Doutor Paz

 

Dous locais de referencia no Concello da Pobra de Trives veñen de presentar un ano máis a súa programación para animar as noites dos xoves de verán nas terrazas que dan vida á Praza Doutor Paz, no centro da vila.

“Cada ano vai a máis, a aceptación do ciclo foi en aumento estes anos”, dinnos con satisfacción os anfitrións, Miguel e Álvaro, responsables de A Cantina do Catro e da Cervecería O Boliche respectivamente.

No ‘Terraceo de Verán’ que veñen organizando dende hai anos predomina a música, pero tamén houbo maxia nalgunha ocasión e sempre se garda un oco tamén para o humor.

O programa deste ano é espectacular, con grupos musicais locais e forasteiros de gran nivel: Pablo Balseiro, Kélticos, Nebra e Farsantes, e a chegada dende Barcelona do actor e humorista Alberte Montes. Un cartel que promete, e que tanto veciños e veciñas de Trives como turistas e achegados da contorna van gozar ao fresco nas terrazas da Cantina do Catro e do Boliche.

 

O programa deste ano é espectacular, con grupos musicais locais e forasteiros de gran nivel

 
XOVES 14 / PABLO BALSEIRO

Pablo Balseiro é un músico que deixa marca por alí por onde pasa. Balseiro ofrece un directo que é pura festa, creando un ambiente propicio para compartir, gozar e pasalo ben. Esta é a premisa de alguén que sempre o dá todo enriba do escenario para facer cantar, bailar e pasar unha gran velada ao público.

Este músico coruñés trae a Trives o seu espectáculo “Rumbas & Guateque” e ameaza con montar unha boa. Trátase dun popurrí de versións de diferentes estilos e artistas así como temas propios do seu último disco «San Roque Pá» que funcionan moi ben en directo.

O concerto será na Praza Doutor Paz ás 22:00 horas. Pablo Balseiro chega a estas terras da man de Hermanager Producións.

 

 

También te podría gustar...