Servizo de madrugadores no Incio

  • O Concello do Incio oferta un servizo de madrugadores para os nenos e nenas do CEIP Ricardo Gasset
  • Os pais e nais poden mandar aos nenos entre as 08:00 e ás 10:00 da mañá, antes de dar comezo as clases
  • A medida pretende axudar á conciliación persoal, familiar e laboral

O Concello do Incio oferta este curso escolar 2020-2021 un servizo de madrugadores para os nenos e nenas escolarizados no CEIP Ricardo Gasset. Trátase dunha proposta pensada para as familias que precisan deixar aos seus fillos cedo, antes do inicio da xornada lectiva.

 

A iniciativa pretende contribuír na conciliación da vida persoal, familiar e laboral axudando aos pais e nais dos alumnos.

 

O servizo, de carácter gratuíto, comeza ás 08:00 da mañá e esténdese ata as 10:00 horas, momento no que comezan as clases. Durante estas dúas horas os nenos e nenas están acompañados dunha coidadora que se ocupa de vixialos.

 

O servizo préstase no salón de actos do centro, o que permite manter as distancias dos tres grupos burbulla que establecen as medidas anticovid. Na sala teñen diversos xogos e material para poder entreterse.

 

O Goberno local anima aos pais e nais a interesarse polo servizo de madrugadores a través do Concello ou no propio CEIP Ricardo Gasset.

También te podría gustar...