Rut Martínez trae ao «Marcos Valcárcel» unha obra sutil e melancólica

1 1 1 1 2015 - Ruth

«A memoria e o seu silencio» é o título da exposición que recolle o traballo de Rut Martínez e que está marcado por «unha obra que nos invita a somerxernos na nosa propia melancolía con sutileza e beleza artística». Son pezas, en moitos casos, con formatos mínimos, de moi reducidas dimensións e nos que esa beleza ten que estar condensada, reflectida ás veces nun pequeno detalle.

Dixo Auguste Rodin que «nada é tan fermoso como as ruínas dunha cousa bela». E Rut Martínez López de Castro, artista de dilatada traxectoria a pesar da súa xuventude, vén referendar tal afirmación «cunha obra que nace, en parte, onde outras morren: nos últimos estertores de obxectos, paisaxes e contornos que xa non son o que algún día foron».

Esta mostra, que se abre ao público dende onte, poderá visitarse ate o día 3 de maio no Centro Cultural «Marcos Valcárcel» da Deputación de Ourense.

También te podría gustar...