image_gallery

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou na entrega de premios da 48 Edición do Rally de Ourense-Ourense Termal, que se desenvolveu durante dous días nas estradas da provincia ourensá. O acto tivo lugar no parque de San Lázaro da cidade das Burgas.

Esta proba automobilística, puntuable para o Campionato de España de rallys de asfalto, contou con 70 equipos e 10 tramos cronometrados ao longo de pouco máis de 600 quilómetros. O rally de Ourense é unha proba totalmente consolidada no panorama autonómico e nacional.