Previsel 2015

Rogelio Martínez destaca o labor de Previsel no fomento da prevención e seguridade laboral.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou esta mañá no acto de clausura da décima edición de  Previsel, o Salón de Prevención e Seguridade Laboral.  Na súa intervención Martínez incidiu na idea xa avanzada pola directora xeral de Traballo e Economía Social na inauguración do certame de que a loita contra a sinestralidade laboral é unha tarefa colectiva que ten o obxectivo de concienciar á poboación traballadora sobre a importancia da mesma para impulsar así unha auténtica cultura da prevención.

Segundo indicou Rogelio Martínez con certames como Previsel “estamos a conseguir que a prevención sexa unha prioridade empresarial e, ademais, un investimento que sempre resulta rendible. A seguridade laboral é agora un símbolo de calidade, competitividade e eficiencia da empresa”.

Previsel (1)

 

O Instituto Galego de Prevención de Riscos Laborais e Seguridade Social (ISSGA) participou en Previsel cun stand informativo coas distintas campañas formativas, divulgativas e de sensibilización desenvoltas polo instituto, así como as publicacións editadas sobre diversos temas de seguridade e saúde laboral.

Ademais, o ISSGA organizou nesta décima edición do Salón de Prevención e Seguridade Laboral  dous obradoiros. Un dirixido para os traballadores do sector vitícola e o segundo, celebrado esta mesma mañá, centrado no sector do granito.

En total, o salón contou con 44 expositores achegados  de Galicia na súa práctica totalidade, e cómpre destacar a participación de distintas asociacións e federacións sectoriais, sindicatos y distintos servizos de seguridade e emerxencia.

 Previsel (2)