Reapertura de oficinas e instalacións municipais en Viana do Bolo

  • Hoxe luns 18 de maio

 

Bando (15/05/2020):

Ponse en coñecemento de todos os veciños e veciñas así como da poboación en xeral, que a Alcaldía ven de ditar a Resolución nº 2020-0307, de 15 de maio, en relación á reapertura de edificios e instalacións municipais, da que se destaca o seguinte:

PRIMEIRO. Ordénase a reapertura da Biblioteca Pública Municipal a partires do vindeiro luns, 18 de maio. A atención requirirá a solicitude de cita previa no teléfono 988 329 168.

A tales efectos, a Biblioteca permanecerá aberta no seu horario habitual, para actividades de préstamo e devolución de obras, lectura en sala, así como para información bibliográfica e bibliotecaria. Non poderán levarse a cabo actividades culturales, nin de estudo en sala. Tampouco poderá facerse uso dos ordenadores e medios informáticos destinados ó uso público da veciñanza.

As obras serán solicitadas polos usuarios e proporcionadas exclusivamente polo persoal da biblioteca. Unha vez consultadas, as obras serán depositadas nun lugar afastado e separadas entre si durante canto menos 14 días.

SEGUNDO. Ordénase, así mesmo, a reapertura das pistas de tenis e pádel sitas no complexo das piscinas municipais, exclusivamente para a práctica de deportes sen contacto con terceiros e mantendo as debidas medidas de seguridade e protección contidas na citada Orde.

A actividade deportiva requirirá a concertación de cita previa co Concello de Viana do Bolo, e organizarase por quendas horarias, fora das cales non se poderá permanecer nas instalacións.

TERCEIRO. Ordénase, a partires do vindeiro luns, 18 de maio, a reapertura das Oficinas Administrativas do Concello de Viana do Bolo para a atención presencial ó público, exclusivamente para a realización de trámites ante o Rexistro, e previa concertación de cita no teléfono 988 340 120. Non obstante, o anterior, sempre que sexa posible, premerá a atención por vía telemática no teléfono sinalado ou a través do enderezo de correo electrónico concello.vianadobolo@eidolocal.es.

O acceso ás oficinas deberá efectuarse pola porta principal, quedando o uso do ascensor reservado exclusivamente a aquelas persoas que presenten problemas de mobilidade.

Deberán respectarse, en todo caso, as medidas de prevención e hixiene, mantendo unha distancia de seguridade de 2 metros, se ben recoméndase o uso de máscara protectora. As usuarias e usuarios terán a súa disposición xeles hidroalcóholicos para a desinfección de mans, así como máscaras cirúrxicas no caso de non dispor dunha propia.

CUARTO. Ordénase, así mesmo, a reapertura das Oficinas dos Servizos Sociais do Concello para a atención presencial, suxeita, en todo caso, a concertación de cita previa no teléfono 988 329 260, respectando igualmente as medidas sinaladas no ordinal anterior. Sempre que sexa posible, priorizarase a atención por vía telemática no teléfono sinalado ou a través do enderezo de correo electrónico ssssvianadobolo@hotmail.com.

Para mais información, podes descargar a Resolución da Alcaldía nº 2020-0307, así como a Orde SND 399/2020, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da Fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade.

 

También te podría gustar...