Proxecto de compostaxe domiliciaria no Incio

  • O Concello do Incio pon en marcha un proxecto de compostaxe domiliciaria para promover a reciclaxe da fracción orgánica dos residuos en orixe
  • A campaña está ideada para a participación de 40 veciños e veciñas do municipio, que recibirán de forma totalmente gratuíta os medios materiais para a elaboración de compost a pequena escala

 

O Concello do Incio, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, implantará unha campaña de compostaxe domiciliaria para promover a reciclaxe da fracción orgánica dos residuos en orixe.

A campaña está ideada para a participación de 40 veciños e veciñas do municipio, que recibirán de forma totalmente gratuíta os medios materiais para a elaboración de compost a pequena escala.

A primeira fase da campaña arrincará coa posta en marcha dunha serie de accións de difusión, para sensibilizar á cidadanía no desenvolvemento da técnica de autocompostaxe, e a apertura do prazo de inscrición aos veciños e veciñas que estean interesados en participar. A segunda fase iniciarase tras a selección das persoas participantes, facéndolles entrega dos medios materiais e ofrecéndolles formación e asesoramento a cargo de persoal técnico especializado.

Con esta campaña arredor da compostaxe domiciliaria, o concello do Incio busca unha mellor solución para os residuos orgánicos xerados nos fogares ao mesmo tempo que se trata de evitar a deposición de restos vexetais de podas nos contedores municipais ou na vía pública.

También te podría gustar...