Servizo de madrugadores no Incio

 

O Concello do Incio en colaboración co CEIP Ricardo Gasset oferta de novo este curso escolar 2021-2022 un servizo de madrugadores para os nenos e nenas escolarizados no centro. É unha proposta pensada para axudar na conciliación familiar para aqueles pais e nais que queiran deixar aos seus fillos cedo, antes do inicio da xornada lectiva.

O servizo, de carácter gratuíto, comeza ás 08:00 da mañá e esténdese ata as 10:00 horas, momento no que comezan as clases. Durante estas dúas horas os nenos e nenas están acompañados dunha coidadora que se ocupa de vixialos.

 

O servizo préstase no salón de actos do centro, o que permite cumprir con todas as medidas sanitarias en vigor. Na sala teñen diversos xogos e abundante material para poder entreterse.

O Goberno local anima aos pais e nais a interesarse polo servizo de madrugadores a través do Concello ou no propio CEIP Ricardo Gasset, onde poden formalizar a súa inscrición.

O servizo xa se atopa operativo.

También te podría gustar...