Profesorado do CIFP Portovello convoca unha rolda de prensa para o martes 30 de xuño

CCOO EnsinoA oferta educativa que vén de publicar a Consellería de Educación a través da Orde do 11 de xuño de 2015 (DOG nº 122 do 16 de xuño de 2015) supón unha vulneración dos dereitos de alumnado matriculado no réxime presencial das persoas adultas no CIFP Portovello de Ourense, ao tempo que acentúa o desequilibrio territorial da provincia con respecto ao que acontece nas outras provincias galegas’, indican dende CCOO-Ensino.

A eliminación da oferta presencial de persoas adultas dalgúns dos estudos que se imparten no
CIFP Portovello fará que a provincia de Ourense sexa a única galega que non disporá dunha
oferta completa das tres modalidades de FP (ordinaria, persoas adultas presencial e persoas
adultas a distancia) nos ciclos formativos de Atención a persoas en situación de dependencia e
educación infantil.

A nova proposta prodúcese cando os estudos eliminados se atopaban completamente
consolidados no caso do Ciclo superior de educación infantil e en vías de consolidación no ciclo
de atención a persoas en situación de dependencia, acadándose uns importantes índices de
empregabilidade nos sectores relacionados cos estudos entre o alumnado desta modalidade.

O perfil do alumnado (idade, responsabilidades familiares e laborais, competencias dixitais,
recursos, …) que se viña matriculando neste réxime dificulta, cando non impide, a súa
inserción nalgunha das outras modalidades de estudos que se impartirán no vindeiro curso
no centro que escolleran para realizar os seus estudos.

Dáse o caso de que a eliminación da oferta de estudos dende o ensino público ourensán
prodúcese ao tempo que os mesmos se ofertarán dende a privada.