Depu_150_100No salón de actos do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do Festival das artes escénicas “Abelardo Gabriel”, de Riós, na súa edición de 2015. O acto contará coa presenza do asesor de Cultura da Deputación, César Fernández; o tenente de alcalde de Riós, Emilio Pousada, e o director do festival, Rubén Riós. Será o vindeiro luns ás 11:30h.