Deputación Ourense

No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” terá lugar a presentación mañá ás 20:30h da exposición “A outra cara da vida”, na que se recollen elementos orixinais da cultura funeraria mediterránea dende o neolítico ate a actualidade. A inauguración contará coa presenza de José Lino Sánz, responsable do grupo Mémora en Ourense; do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do director do centro cultural, Francisco González.