‘Polo Barco Camiñando’, iniciativa central na Semana Europea da Mobilidade

Polo Barco Camiñando

Como xa adelantábamos neste diario hoxe pola mañá, presentouse no Barco as actividades da Semana Europea da Mobilidade, na que unha das actividades centráis é a denominada ‘Polo Barco Camiñando‘.

Se trata dunha proposta de oito rutas que proponse aos veciños da localidade para percorrer a vila, al menos nesta semana, e convencer á ciudadanía da conveniencia de abandoar o emprego dos vehículos e que troquen o seus usos por otros como a bicicleta ou mesmo camiñar.

Búscase mellorar a Xestión da Mobilidade con esta proposta denominada ‘Polo Barco Camiñando’, coa creación duns plans de mobilidade cidadá a pé e en bicicleta entre todalas zoas do concello e do hospital, os colexios e o Concello. Unificar en oito rutas que indicamos a continuación e que unen puntos estratéxicos da vila.

Poranse ao longo do barco, placas de metal coas rutas dibuxadas para facilitar a marcha da xente.

Na presentación o alcalde do Barco, Alfredo García, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Aurentino Alonso, fixeron fincapé no incremento de usuarios (máis dun 10% no derradeiro ano) no servizo posto polo concello de préstamos de bicicletas.