Os queixos da empresa lalinense Lácteos Anzuxao contan xa co selo de garantía de Galicia Calidade

20140613125736_1

  • A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, fixo onte entrega do distintivo que certifica nestes momentos queixos de tres denominacións de orixe galegas: queixo tetilla, Arzúa-Ulloa e San Simón da Costa
  • Máis de 300 produtos de 52 empresas galegas de diferentes sectores contan co certificado

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, fixo onte entrega en Lalín do certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, á empresa pontevedresa Lácteos Anzuxao.

Con este recoñecemento, os queixos desta compañía, certificados polas denominacións de orixe Queixo de Tetilla e Arzúa-Ulloa, poderán incluír na súa etiquetaxe o distintivo de calidade da Xunta. Coa incorporación desta nova compañía Galicia Calidade conta na actualidade con queixos de tres denominacións de orixe: Queixo Tetilla, Arzúa Ulloa e San Simón da Costa.

O certificado de uso, con validez para os vindeiros tres anos, permitirá aos queixos de Lácteos Anzuxao incluír o distintivo nas etiquetaxes así como nas diferentes accións de promoción que estimen oportuno.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, entregarán o certificado de uso da marca Galicia Calidade a Lácteos Anzuxao.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, entregaron o certificado de uso da marca Galicia Calidade a Lácteos Anzuxao.

Aposta pola calidade

A parroquia de Madriñán, en Lalín, acolle a Fábrica de Queixos de Pazo de Anzuxao, unha empresa que soubo manter a tradición galega no mercado gastronómico actual. Pazo de Anzuxao iniciou a súa singradura como fábrica de queixos artesanais nos anos setenta por iniciativa da súa fundadora Josefina Menéndez, unha muller emprendedora que sempre mantivo desde os seus inicios que os seus produtos virarían ao redor dos conceptos de calidade e tradición.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, entregarán o certificado de uso da marca Galicia Calidade a Lácteos Anzuxao.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, entregarán o certificado de uso da marca Galicia Calidade a Lácteos Anzuxao.

Lácteos Anzuxao é unha referencia nos queixos galegos elaborando as modalidades de Queixo de Tetilla e Arzúa-Ulloa, certificados agora por Galicia Calidade, e ademais outras como semi-curado, semi-graxo, curado e requeixo. A calidade destes produtos foi recoñecida con diferentes premios, e o seu queixo de tetilla conta actualmente coa Distinción de Ouro a mellor tetilla na categoría D.O.P.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten en marcha a Estratexia de Reforzo de Galicia Calidade, unha marca recoñecida e valorada polos consumidores que conta con máis de 300 produtos certificados, de 52 empresas diferentes, cunha forte presenza do sector alimentario.

20151026_comercio_05