O Inorde na feira Semana Verde

  • O Inorde promociona os sectores turístico e gandeiro  
  • Este organismo provincial aproveita o escaparate que brinda o Salón de Turexpo para dar a coñecer os dous itinerarios xacobeos oficias da provincia de Ourense: Vía da Prata e Camiño de Inverno 
  • Así mesmo, participa co programa de recuperación das razas autóctonas coa exposición de exemplares de porco celta, na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia que chega a súa 44ª edición en Silleda

 

O Inorde promociona dúas das súas liñas principais de traballo: turismo e sector primario, durante a celebración da 44ª edición da Feira Internacional Abanca Verde de Galicia, que se celebra do 2 ao 5 de xuño en Silleda, converténdose nun gran certame multisectorial de mostras e ocio do noroeste peninsular.

Por un lado, o Inorde aproveita o escaparate que brinda o Salón Turexpo para achegar aos visitantes durante estes días, os itinerarios xacobeos oficiais da provincia de Ourense: Vía da Prata e Camiño de Inverno. Esta participación realizarase a través do proxecto europeo “Caminos Jacobeos del Oeste Peninsular”, compartindo espazo con outros dous socios do proxecto que son a Deputación de Badaxoz e Turismo Centro Portugal.

 

Ademais de promocionar o Camiño, está prevista a participación nun workshop qdando a coñecer os recursos turísticos destes dous itinerarios Xacobeos a preto de trinta touroperadores. “Con esta iniciativa pretendemos impulsar estes dous Camiños que pasan pola nosa provincia, aproveitando este Dobre Ano Santo e a chegada da Alta Velocidade, para atraer a máis peregrinos e viaxeiros ao noso territorio que ofrece patrimonio, natureza, termalismo e enogastronomía”, dixo o presidente do Inorde, Rosendo Fernández.

Por outro lado, o Inorde tamén esta presente na semana Verde de Galicia co seu programa de razas autóctonas para dar a coñecer o labor que realiza este organismo a prol da recuperación das mesmas. Nesta ocasión, exporanse exemplares de porco cela para dar soporte á asociación Asoporcel que promove na nosa Comunidade a recuperación desta raza.

También te podría gustar...