O Hospital Comarcal de Valdeorras estrea hoxe novas instalacións para as consultas de neuroloxía

Urgencias

Desde a súa implantación lévanse atendidas 3.741 consultas directamente neste hospital, cuadruplicándose as revisións o que da idea da plena implantación da especialidade. Nos sete primeiros meses de 2014 xa se levan realizadas mais consultas que as realizadas en todo ano nos dous anteriores.

Desde hoxe os pacientes do Hospital Comarcal de Valdeorras contan cunhas novas instalacións para neuroloxía, nunha nova consulta recen habilitada, situada xunto a sala de espera de radioloxía. Esta medida procura facilitar o acceso e orientación dos pacientes, que acudirán así sempre o mesmo espazo tódolos días de consulta, que se ven realizando os martes, xoves e venres en horario de mañá.

A nova consulta ven a consolidar a continuidade desta especialidade incluída na carteira de servizos do hospital do Barco de Valdeorras desde 2012, evitando así que os pacientes de área tiveran que desprazarse a Ourense para recibir atención. Mostra da consolidación desta especialidade é que, desde a súa posta en marcha, no centro lévanse realizadas xa cerca de 4.000 consultas ata xullo deste ano.

Desde entón o número de consultas ven aumentando progresivamente, especialmente tendo en conta que, tan só nos sete primeiros meses deste ano, xa se levan realizado un 28% mais que en todo 2012, estando previsto que se cuadrupliquen a finais ano o número de consultas de sucesivas, ou revisións, asumindo así tamén desde o centro os controis periódicos dos pacientes.

Catro novas especialidades

Xunto con neuroloxía, o Hospital Comarcal de Valdeorras logrou, por primeira vez desde a súa apertura en 1984, aumentar a súa oferta con catro novas especialidades médicas, nas que se inclúen Cardioloxía, Endocrinoloxía e Dixestivo, coa conseguinte vantaxe de cara ao conxunto de profesionais e á propia poboación, que poden ser citados, directamente desde seu Centro de Saúde, para ser atendidos no hospital mais próximo a súa casa.

Asemade tanto en dixestivo como en cardioloxía ofertase, xunto coas consultas, a realización de probas diagnósticas, así como consultas de acto único ou alta resolución, realizando nunha mesma visita, consulta, proba diagnóstica e resultados, axilizando así a instauración de tratamento.

Consultas
Primeiras 662 595 438
Revisións 420 678 948
TOTAIS 1.082 1.273 1.386

 

estadísticas

* Datos só dende xaneiro a xullo

También te podría gustar...