Pancarta Hospital

Mañá venres 31, a partires das 11:00h, no Hospital Comarcal de Valdeorras, presentarase o balance da actividade asistencial do terceiro trimestre de 2014 correspondente ao conxunto de centro  do Sergas En Ourense.

O acto contará coa presenza da responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Eloína Núñez, acompañada da xerente executiva de Valdeorras, Guillermina Agulla.

Celebrarase no Salón de Actos do Hospital Comarcal de Valdeorras, planta baixa no Barco.