Autor: Xoan Crespo

Autor: Xoan Crespo

 

O EOXI de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras quedou ás portas o premio á Mellora Continua na Atención ao Paciente, á Calidade e á Seguridade.

Finalmente quedou en tercera posición detrás do EOXI de Santiago de Compostela que acadou o premio e do EOXI da Coruña que quedou e segundo lugar.

Para a concesión deste premio, valoráronse os 43 indicadores de calidade que mide a Consellería de Sanidade en todas as estruturas de organización integrada (EOXI) do Sergas, comparando os resultados do ano 2013 cos dos anos 2012, 2011 e 2010.

Neste senso, a EOXI de Santiago conseguiu mellorar o 79% deses 43 indicadores. Ademais, tamén estiveron nominadas ao premio a EOXI da Coruña (cun 67%) e a EOXI de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras (cun 63%).