O cancro do Bierzo (II)

Diciamos no capítulo de enceto desta escolma cativa arredor da problemática medioambiental na bisbarra de Ponferrada que a sistemática máis axeitada co obxectivo de desenvolver o asunto era adaptarse ao acontecido a través dos derradeiros oito longos anos de loita e reivindicación dunha natureza máis sustentable.fin de maratones contra cosmos toral de los vados basurko basurco /

CONSTITUCIÓN FORMAL DO COLETIVO “BIERZO AIRE LIMPO”

Chegado o intre preciso, estimouse proceder ao lanzamento desta Asociación, hiperactiva na práctica como xa quedará deseguido sinalado.

O sábado 27 de febreiro do 2010, no establecemento do que dispón o grupo hostaleiro AC en Ponferrada, levouse a termo a presentación e solicitude pública de inscrición oficial da Plataforma “Bierzo Aire Limpo” en cualidade de asociación a prol da ecoloxía, polo seu canto integrada asemade por diversas agrupacións ecoloxistas e mais unha salientable nómina de persoeiros do eido da cultura e da política berciana. Este conxunto de persoas estivo convidado a participar no antedito acto.

A Xunta reitora, que ficou elexida por unanimade e nun clima de acordo xeral, resultou estar composta por:

  1. Ricardo Pérez Palacios, D. Luis Fernández Canedo, Dª. María Isabel Riera Bóveda, Dª. Mª del Carmen Núñez Rodríguez e Dª. Mª Jesús Villanueva Otero.

Socios de Honra:

Durante o acto de nomeamentos amosouse aos asistentes o apoio indubidable que   achegaron con celeridade as seguintes  persoas senlleiras e recoñecidas, entre outras:

  1. Juan Carlos Mestre. D. José Luis Prada. D. Valentín Carrera e D. Javier Martínez Seisdedos. propoñendo que compría e acaía acoller a decisión de distinguilos coma Socios de Honra, pola súa contribución e achegas a prol da defensa e posta en valor e tentando aproveitar a boa sona das nosas xentes de prestixio polo que tivese de pulo dado aos expoñentes naturais da nosa rexión.

Así mesmo, aprobáronse de maneira definitiva, entre outras cuestións, as finalidades a contemplar e as actividades a elas estreitamente vencelladas.

TITULO II: FINS E ACTIVIDADES DA MENTADA ASOCIACIÓN.

– Levar a cabo todas cantas iniciativas se teñan como convenientes para conservar, potenciar e protexer a natureza no eido particular do Bierzo, procurar o seu mantemento sostible, ao mesmo tempo que permanecer vixiantes no ámbito da protección da saúde, e tamén aqueles outros moitos que – aínda que veñan adquirindo aí unhas características de alcance supracomarcal- acóllanse e cualifíquense con claridade como de notorio interese e de crecente relevancia ambiental.
– Fomentar o respeto e a defensa dos atractivos naturais da nosa contorna e do seu acervo cultural, impulsando e esixindo a súa protección e posta en valor mediante a implementación de varias e múltiples actividades.
– Dar un pulo á configuración dunha cultura e unha economía de porvir e racional, tentando deixar de banda a posta en funcionamento de programas ou ideas que, polas súas condicións, poidam impedir ou imposibilitar a persistencia pacífica e, ante todo, poña

en risco o futuro doutros sectores a coidar e estimular na actualidade e que constitúen “per se” oportunidades productivas cunha extraordinaria prospectiva, tal como cremos que chegarán a ser o caso dalgunhas opcións do sector agroalimentario e deteminados exemplos ou propostas turísticas respecto dos emerxentes destinos de calidade.
– Denunciar as agresións e desfeitas medioambientais e todas aquelas situacións de risco ecolóxico, sempre que poidan poñer en precariedade a saúde e/ou a natureza e, por conseguinte, conleven a opción real ou crible de agromar en prexudizo da economía da comarca berciana e adxacentes, que se basea na calidade dende antano  e na excelencia e sona ben gañada dos produtos enxebres e tradicionais desta área de orixe.
– Realizar Campañas de sensibilización e educación ambiental, desenvoltas con folgos suficientes á hora de priorizar e cooperar en calquera proposta que contribúa a que medre e mellore o aprezo polos valores naturais e o patrimonio cultural da nosa zona, ao teimar arreo no estímulo e xurdimento de iniciativas para a súa protección integral e a correspondente explotación responsable e sensata.

Neste período chegou ás nosas mans unha tese que revolucionou, ata certo punto, a perspectiva coa que enfrontar a queima de residuos e refugallos combustibles do lixo co inevitable espallamento posterior do fume na atmósfera e nos terreos de labrantío cos aportes que comporta a chuvia ácida. É xusto, entón, que reproduzamos un apuntamento explicativo da situación en particular:

Bierzo Aire Limpo amosa o seu agradecemento ao especialista en hematoloxía D. Jose Antonio Rodríguez, por mor do traballo xa rematado e incluído na súa tese doutoral sobre a incidencia e prevalencia do cancro no Bierzo, e ten lóxicamente que felicitalo públicamente pola súa avaliación de “cum laude” obtido con grande merecemento.

A súa investigación en doentes oncolóxicos do Hospital do Bierzo e maila Clínica de Ponferrada, conclúe que a presenza de leucemias agudas e enfermidades do sangue é bastante superior ao índice correspondente á maioría das provincias lindeiras, ao nivel medio  nacional en porcentaxe e, por suposto, á taxa da meirande parte dos países -”tanto dos achegados e equivalentes nos nosos costumes e hábitos como doutros máis afastados”- e, noutra constatación, cómpre salientar que a incidencia de linfomas no hodgkinianos é nomeadamente superior en comparación co conxunto global das provincias da Comunidade de pertenza, de España e ao respecto doutros países. É preciso resaltar que a incidencia do mieloma múltiple detectado e diagnosticado nas  consultas médicas de donas do Bierzo “rebasa diferencialmente os datos contrastados e procedentes da xeneralidade de moitos e variados países do mundo”. E a sospeita salta de súpeto: coidamos que convindría comezar a elaborar un estudo multidisciplinar co fin de determinar e confirmar a posible contribución da contaminación ambiental neste senso e nun amplo abano  de patoloxías talvez derivadas.
O anaco do exame que reflicte a calidade do aire – e que se serve como fonte de plasmación continuada dos rexistros conservados polos servizos de control da Xunta de Castela e León recollidos polas 14 estacións atmosféricas, en referenza a oito exercicios anuais (a partir de 2001  e ata o 2007), mostran un escenario abraiante e de inquedenza máis que xustificada.

hematologo

 

Como constatacións reais pódense ofrecer estas anomalías fundamentais atopadas nas pescudas aconselladas cara ao seu exame polo miúdo:

Vanse sobrepasar nunhas 33 ocasións os parámetros máximos adaptados ás especificacións permitidas, toleradas e fixadas pola O. M. S. (Organización Mundial da Saúde).

Dióxido de Nitróxeno (NO2): Os valores acadados nas estacións da cidade de de Ponferrada (polo que atinxe as denominadas cos números 2 e 3) están a piques de superar, ano tras ano, o limiar permisible de emerxencia e, aínda máis, mostra  situacións ameazantes de rexistros excesivos en dous dos anos que foron analizados. Logo da súa mudanza a lugares saudables no ano 2005, as novas estacións – coñecidas como Ponferrada 4 e Ponferrada 5 – xa viñeron medindo unhas cifras moito máis baixas e contidas oscilacións en comparanza  das que ían subministrando nas anteriores ubicacións.

Partículas en suspensión, fracción PM10:

a4

El prestigioso ultrafondista Basurco corriendo por la causa.

Os niveis de alerta excedéronse nun total de 35 veces espalladas con irregularidade segundo os anos escollidos, e coa mesma variabilidade distribuídas entre as diversas estacións. Os intres perigosos reflicten uns valores amplamente lonxe das consideracións  aceptables da O. M. S., ao marcar uns máximos desacougantes de 78mg./m³, cando  a O. M. S. sinala coma normalidade a tendencia arredor dos 20 mg./m3. E o que figura como máis grave – e de nocividade certa para nos preocupar – provén do feito que as estaciónes de control de emisións no seo da Cementeira Cosmos se extralimitan habitualmente (arredor do 90% dos exercios produtivos).

As antigas estacións de Ponferrada (que levan os números 2 i 3 para a súa identificación), así mesmo manifestan no seu comportamento unha traxectoria que tódolos años  sobrepasaron os parámetros admisibles fixados pola O. M. S.; a maiores, a trocada estación Ponferrada 4 vainos, asemade, rebasar durante un par de anos.

Ozono (O3): a partir do 2002 vanse evidenciar e agochar dúas alertas non declaradas e co propósito das esquecer e tamén 44 superacións do limiar que esixe unha información obrigada cara á población afectada, e tendo en conta ademais que tan só 5 das 14 estaciones instaladas recollen e fan un seguimento deste parámetro de vital importancia.

Inversión Térmica :

Aparte das incidencias constatadas, por encima dos valores compartidos en función da súa conveniencia pola O. M. S., esta conca fluvial do Sil – posto que no seu percorrido determina e axudou na creación dunha fosa tectónica – é subsidiaria dun fenómeno meteorolóxico non exclusivo mais específico deste tipo de vales (máis ben planos e envoltos polas serras debuxando un círculo), que se bautizou ilustrativamente coma inversión térmica: esta se define e explica en función do estancamento ou parálese na que, ás veces, veise mergullado e confinado  o aire (segundo os movementos do vento, a estabilidade das presións constantes na atmósfera, a néboa en casos concretos,…) que, despois de enfriarse ao refregarse e baixar polas ladeiras das montañas, vai liscando paseniñamente ata o fondo en estado semilíquido ou viscoso.

Isto acontece ao sumarse e coincidir sincronicamente factores que atinxen a situacións anticiclónicas un chisco prolongadas – e frecuentemente e con maior probabilidade nos invernos, favorecidos por condicionantes vencellados a coordenadas e aspectos nos que inflúen e colaboran características orográficas  e climatolóxicas, das que é un expoñente exemplar a dinámica que neste sentido se dá na “ola” do Bierzo (pola súa semellanza cun pote ou balde ou caldeiro fondo). É fácil de supor e imaxinar que, mentras que se esparexen contaminantes velenosos no aire coas implicacións físicas necesarias aos efectos de provocar a inversión térmica, amoréanse (medrando a súa concentración e capacidade de disolución) froito do incremento do tempo empregado  nos fenómenos de transporte e maila difusión dos compostos polucionantes. O proceso principiado, ao repercutir nos episodios extremos de contaminación atmosférica, desencadena toda unha diversidade nos graos de toxicidade enfrontados á salubridade e saúde dos seres vivos. A concentración dos gases tóxicos avanza entón a eito ata corresponderse cun andazo e multiplicarse por 14, levando aos residentes a respiraren un aire moi viciado. Se esta cavilación é coincidinte coas xeiras nas que as transferenzas gasosas crecen por sobre das prescricións recomendadas pola O. M. S., a continxencia muda aínda en máis acougante e de urxente solución. Na nosa contorna esta visión especial das capas de aire é corrente e durable. A presenza de alérxenos na biosfera, por outro lado, pódese detectar sen atrancos xa que o fume das chemineas non ascende coma de cotío, senón que adoita describir un camiño paralelo ao chan. Non fai falla amolar a ninguén; porén, albíscase un feito a ter moi en conta xa que agrede con especial énfase todo o noso medio natural.

SALVEMOS EL BIERZO - 14-05-2011 133

Marcelino B. Taboada

También te podría gustar...