Non esquecer a historia. Sergio Peñamaría de Llano

  • Artigo de Emilio Vega Rodríguez
Foto: El Pueblo Gallego

 

O Concello do Barco de Valdeorras no seu Pleno do outubro de 2019 aprobaba por maioría absoluta de toda a Corporacion ( PSOE, PP, Riada e BNG) unha moción dirixida ao Concello da Coruña solicitando a aplicación da Ley de Memoría Historica ( Ley 52/2007 do 26 de Decembro). A moción solicitaba promover “a reparación moral da veciñanza da comarca de Valdeorras e a recuperar a súa dignidade”, ante as actuacións de Sergio Peñamaría de Llano. Outra moción aprobada o 29/09/2021 tamén con maioría absoluta e tamén dirixida ao Concello da Coruña solicita sacar o nome da rúa de Peñamaría da Coruña e substituíla por Mártires de Valdeorras, sinalando “a figura do tenente da Lexión Sergio Peñamaria de Llano e as súas actuacións crueis e asasinas accións ao servizo do franquismo”. Vemos pois dereitas e esquerdas xuntas nunha mesma solicitude: aplicación da lexislación vixente, denuncias da actuación do avogado e tenente Peñamaría de Llano e solicitude dunha reparación da dignidade moral e ética polos crimes cometidos.

Recollía esta última moción unha solicitude da Comisión para Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH Coruña) presentada no Pleno polo BNG e Riada Cidadá. Dita moción valdeorresa, foi recollida polo Grupo Municipal do BNG no Pleno do día catro do presente. Votaron e favor BNG e Marea Atlántica e encontra o PSOE eo PP, coa argucia burocrática de que había que profundizar na historia ( maís aínda: terían que darse unha volta por Valdeorras), remitindo a un posterior estudo por unha subcomisión dun rechamante “ Consello Municipal da Memoria Democrática”, Consello que lava máis de dous anos sen reunirse. Podemos aclaralle a memoria e cultivar a súa cultura, que polo que se ve os seus compañeiros si coñecen perfectamente.

A actuación de Sergio Peñamaria de Llano, na comarca de Valdeorras como tenente so mando do I Tercio da III Brigada da Lexión está perfectamente documentada por fontes orais e veciños da comarca, por historiadores como Aurora Marco, Félix Yáñez, J.A. Gurriarán, Luis Lamela e un longo etc. Coñecemos o brillante avogado e falanxista de primeira hora; voluntario contra a legalidade republicana; combatente ao mando do Xeneral Yague o “Carniceiro de Badajoz”; activo militante da caterva de asociacións para-fascistas da postguerra ( o 01/04/1975 participa nun acto de vellos falanxistas coa Hermandad Alférez Provisionales, Antiguos Combatientes de la División Azul, Asociación Excombatientes, e a Hermandad de Legionarios, da cal , outro cargo máis, Peñamaría de Llano era vicepresidente) ; Alcalde e Procurador nas Cortes da Ditadura nomeado polos servizos prestados ao réxime; e un longo etc. No medio podemos velo outorgando a “Medalla de Oro de la Ciudad” a un xeneral golpista como Fermín Gutiérrez Cobo, “ Mi general” dirá Peñamaría ante o coordinador e mais activo golpista e represor militar na Coruña de 1936. Aquí non cabe discusión, todo documentado, fácil de coñecer recorrendo aos libros de historia e hemerotecas.

Cando nos xuízos de Nuremberg as democracias occidentais sentaron no banquiño os xerarcas creminais do nazismo non o fixeron como un “axuste de contas” nin aires de vinganza polo horrendos crimes cometidos. O sentido do xuízo foi pechar unha deningrante etapa histórica da humanidade, recordar os culpábeis dos crimes e resarcir a memoria dos asasinados. Sabíase quen eran os culpábeis, intelectuais, centíficos e avogados coñecedores conscientes dos crimes que cometían. Por se quedaba alguna dúbida despois do libro de Hanna Arent, “ Eichman en Jerusalen”, a pensadora alemá Bettina Stangneth no seu libro “ La Verdad del mal. Eichman ante Jerusalen” deixou moi claro que os xerarcas nazis e os seus colaborador eran moi conscientes do seu “ traballo” como criminais. Non só eran colaboradores necesarios senón párticipes directos e coñecedores do carácter criminal dos seus actos, máximo no caso de avogados que coñecían as lexislacións democráticas e humanas do momento. Recen no ano 2019, a Canciller alemá Angela Merkel rendeu tributo aos asasiñados polo rexime nazi. A Canciller mostrou a “profunda vergoña” polos crimes do nazismo e sinalou a obrigación eterna de recordalos de asumir a responsabilidade, afirmou coa Alemaña baixo a bota de Hitler formaba parte da identidade nacional do Estado Alemán. Asimesmo o presidente francés Enmanuel Macron fala de “crimes inexcusábeis” na represión das protesta de arxelinos de París no ano1961, acontecemento xenófobo con decenas do mortos e miles de detidos. Dous gobernos de dereitas europeos teñen a dignidade moral e política de recoñecer os seus erros históricos, os horrendos crimes cometidos e reparar a dignidade das vítimas.

Non. Pero hai un par de cuestión fundamentais.

 

A primeira, as mocións dos Plenos do Concello do Barco de Valdeorras solicitando a reparación moral pola actuación “cruel e asasina de Sergio Peñamaria” están dirixidas ao Goberno Municipal da Coruña: debémoslla aos veciños de Valdeorras. O Concello da Coruña non pode por máis tempo pasar por alto as dúas mocións e ten que darlle tramitación ás mesmas. Non cabe dar desculpas burocratica para esconderse. E incomprensíbel que un goberno municipal socialista se negue a cumprir coa legalidade democrática, motivo que pode dar pé a dubidar da súa catadura moral.

A segunda é que non debemos nin podemos esquecer a historia se non queremos que se repita unha ditadura cruenta como a que sufrimos co Xeneral Franco. Queremos avanzar na democracia e cumprir a legalidade recollida na Lei da Memoria Histórica. E asombroso que gobernos de dereitas europeos recoñezan publicamente os antepasados seus crimes como parte da súa historia, mentres un goberno do PSOE só pon inconvenientes para cumprir algo tan simple como a legalidade establecida. E non creo que ninguén queira máis actuacións criminais como a de Sergio Peñamaria de Llano na Comarca de Valdeorras.