Manuel Baltar e José Rodríguez Carballo

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no seu despacho do Pazo Provincial ao arcebispo de Belcastro e Premio Ourensanía 2013, monseñor José Rodríguez Carballo, de visita estes días na provincia de Ourense para participar na Novena e nos actos litúrxicos en honor á Virxe dos Milagros, que se celebran ata o vindeiro 8 de setembro. Na reunión, Baltar e Rodríguez Carballo falaron tamén de temas sociais da provincia e de cuestións do ámbito cultural.

José Rodríguez Carballo recibiu en 2013 o Premio Ourensanía, un recoñecemento honorífico que concede a Deputación de Ourense a aqueles ourensáns que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais. En concreto, Rodríguez Carballo foi distinguido por elevar os valores da Ourensanía a unha dimensión internacional, pola súa inxente obra teolóxica e pola súa defensa da identidade do noso, especialmente no ámbito da cultura e a lingua propia de Galicia.