Manuel Baltar e José Luis González (2)

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial ao alcalde de Piñor, José Luis González, na primeira visita do rexedor local á institución provincial desde o inicio do seu mandato municipal.

Baltar e González falaron de temas de ámbito social, cultura, económico e de infraestruturas, así como de mellora de viais do municipio de Piñor, asuntos nos que o goberno provincial ven cooperando cos concellos da provincia de Ourense e que na lexislatura 2015-2019 teñen cabida no Plan OU15-19 deseñado e promovido por Manuel Baltar.