1A A A MB e Parada Nov14

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente en funcións da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, Juan Carlos Parada, quen informou ao presidente provincial sobre o proceso de reflexión polo que actualmente está atravesando o organismo cameral.

Baltar aseguroulle a Parada a colaboración do goberno provincial “cunha entidade –dixo- que seguirá a ter a mesma importancia e proxección xeográfica sempre que o empresariado se implique na súa consolidación e crea nas súas posibilidades”. Baltar e Parada falaron da necesidade de clarexar o marco competencial buscando a especialización “nun contexto onde non podemos dedicarnos todos ás mesmas cousas”, afirmou Manuel Baltar.