Mañán se clausura o Foro Redepyme

Deputación Ourense

 

Mañán se clausura o Foro Redepyme.

No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” terá lugar a clausura do Foro Redepyme, un evento que ten como obxectivo sensibilizar a emprendendores e empresarios sobre a importancia de aplicar a innovación e o networking ás iniciativas empresariais.

No acto participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director xeral da Escola de Organización Industrial, Fernando Bayón; o director xeral de Coren, Emilio Rial, e o asesor económico, Juan Verde. O foro dará comezo ás 16.00 horas con relatorios e talleres sobre Comunicación, Economía e Empresa nos que participarán entre outros o xornalista Fernando Ónega. O acto de clausura estará dirixido polo tamén xornalista Fernando Jáuregui e será presentado polo director do xornal La Región, Xosé Pastoriza.

También te podría gustar...