Máis de 200.000 escolares de educación infantil, primaria e especial comenzan o curso 2016/ 2017

  • Preto de 200.800 escolares de educación infantil, primaria e especial comenzan o curso 2016/2017 
  • Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 62.213 alumnos e alumnas, un 2’3% menos ca no curso anterior
  • En Primaria medra o alumnado un 0,8%, ata acadar os 137.229 estudantes
  • Na educación especial o descenso de nenas e nenos matriculados é do 1,5%
  • O 15 de setembro comezará o curso para os estudantes de secundaria e bacharelato

 

Los niños del colegio de Vilamartín

 

O vindeiro luns comezarán en Galicia as clases nos ciclos de educación infantil e primaria educación especial para 200.783 escolares, o que supón un 0,2 % menos ca no curso 2015/2016, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.

Educación Infantil

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 62.213 alumnos comezan educación infantil, o que supón un 2,3% menos ca no curso 2015/2016, un descenso que nos centros públicos é do 2,4%, derivado da progresiva caída da natalidade.

Por tipo de centros queda do seguinte modo:

Centros públicos
Centros concertados
Centros privados
Total
43.653 alumnos
17.482 alumnos
1.078 alumnos
62.213 alumnos

Ademais sinalar que nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu lixeiramente respecto do curso anterior.

    2015/2016
   2016/2017
Total
932 alumnos
815 alumnos

 

Educación Primaria

Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 137.229 alumnos tamén comezan as clases de educación primaria en Galicia, o que supón un 0,8% máis ca no curso 2015/2016.

Centros públicos
Centros privados concertados
Centros privados non concertados
A Coruña
41.566 alumnos
14.908 alumnos
1.505 alumnos
Lugo
9.978 alumnos
 3.397 alumnos
267 alumnos
Ourense
8.597 alumnos
4.231 alumnos
114 alumnos
Pontevedra
36.574 alumnos
15.247 alumnos
845 alumnos
Total
96.715 alumnos
37.783 alumnos
2.731 alumnos

No caso da educación primaria o número de alumnos sen nacionalidade española, a diferenza respecto do ano pasado é do 14,3%:

2015/2016
2016/2017
A Coruña
1.278 alumnos
1.117 alumnos
Lugo
606 alumnos
535 alumnos
Ourense
429 alumnos
354 alumnos
Pontevedra
1.232 alumnos
1.033 alumnos
Total
 3.545 alumnos
3.039 alumnos

 

Educación especial

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1.341, un 1,5% menos ca no 2015/2016

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

Centros públicos
Centros privados con concerto
A Coruña
230 alumnos
297 alumnos
Lugo
104 alumnos
7 alumnos
Ourense
88 alumnos
43 alumnos
Pontevedra
218 alumnos
354 alumnos
Total
640 alumnos
701 alumnos

 

Centros escolares e docentes

Os centros quedan distribuídos do seguinte xeito:

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Galicia
Educ. Infantil
50
4
4
58
116
Educ. Primaria e Infantil(1)
226
86
82
214
608
Educa. Primaria e ESO(2)
29
12
9
18
68
Educación especial
6
2
2
4
14
TOTAIS
311
104
97
294
806

 

(1) Inclúen os centros que imparten só educación primaria
(2) Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.
No referido ao número de unidades concertadas, este ano será dun total de 3.892. En concreto, nas etapas de infantil, primaria e educación especial haberá 5 unidades concertadas máis ca no curso anterior, debido ás necesidades de escolarización das diferentes zonas.

No referido ao profesorado os datos estimados, a falta de que se realicen as pertinentes contratacións de interinos e substitutos para cubrir as necesidades puntuais que se presenten a inicio de curso, indican que o conxunto do sistema educativo galego público contará con 30.269 docentes.

Servizos complementarios

Hoxe empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.

Así, este ano, a falta de que se pechen as autorizacións de prazas, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 72.631, das cales 12.112 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas – ou convenios de colaboración- da Consellería neste concepto para ambas as entidades. En total o departamento educativo da Xunta xestiona 434 comedores – 302 de forma directa e 132 de forma indirecta, a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos- . Pola súa banda as ANPAS son responsables de 134 comedores e os Concellos de 42. Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería subvenciona os menús de 2.844 comensais en 40 centros escolares dos Concellos de Ames, Betanzos, Cangas, Ferrol, Gondomar, Manzaneda, Meaño, Mugardos, Muíños, Oroso, Santiago de Compostela e Sarria.

No que atinxe ao transporte, prestarase servizo – segundo as estimacións provisionais- a 94.240 alumnas e alumnos de 784 centros públicos, a través de 3.846 rutas. Deste xeito Galicia volve ser a primeira Comunidade do Estado no referido ao volume que representa este servizo educativo complementario.

 

 

 

También te podría gustar...