Guía de especificacións dos sistemas de telecomunicacións nos edificios públicos autonómicos

  • O DOG publicou a guía de especificacións dos sistemas de telecomunicacións nos edificios públicos autonómicos
  • Recolle aspectos técnicos de obrigado cumprimento no sector público autonómico, que garantirán que a instalación de infraestruturas de telecomunicación se leven a cabo baixo un proceso normalizado de deseño, instalación e verificación
  • Forma parte da normativa precisa para avanzar cara edificios intelixentes, conectados a redes ultrarrápidas, enerxeticamente eficientes e adaptados a servizos en mobilidade

 

logo_DOGO Diario Oficial de Galicia publicou onte a Orde pola que se aproba a Guía que recolle as especificacións necesarias para a normalización do proceso de deseño, instalación e verificación da instalación de infraestruturas de telecomunicacións nos edificios da Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia

Esta orde, de obrigado cumprimento no sector público autonómico, desenvolve o previsto no artigo 5 do Decreto 11/2016, do 28 de xaneiro, que busca garantir que os edificios públicos estean dotados do equipamento preciso para ofrecer uns servizos dixitais de calidade coas máximas garantías de seguridade e dispoñibilidade. É un decreto fundamental para poder avanzar cara edificios intelixentes, conectados a redes utrarrápidas, enerxéticamente eficientes e adaptados a servizos en mobilidade.

Os aspectos técnicos recollidos en dita guía responden á necesidade de racionalizar e homoxeneizar a calidade das instalacións para aumentar a dispoñibilidade dos servizos e optimizar os custos asociados á instalación das infraestruturas de comunicacións. Deste xeito, garantirase que os edificios públicos estean dotados das infraestruturas axeitadas para ofrecer uns servizos dixitais de calidade coas máximas garantías de seguridade e dispoñibilidade.

Contido da Guía

A guía publicada hoxe descríbense os seguintes conceptos:

• Os criterios de deseño e dimensionamento dos elementos integrantes das infraestruturas de telecomunicacións que son divididos en diferentes sistemas que poderán ser obrigatorios ou opcionais.

• As especificacións técnicas dos elementos das infraestruturas, indicando as características mínimas que deberán cumprir os materiais que se empregarán na instalación.

• Os requisitos de instalación, entre os que se atopan as directrices sobre as condicións mínimas da execución dos traballos de instalación, así como, os requisitos mínimos que deberán cumprir as empresas instaladoras.

• Os procedementos de verificación, detallando as medidas mínimas que se deberán realizar sobre os cableados instalados.

• A documentación técnica mínima que se deberá entregar sobre os traballos realizados.

• E tamén se cita a normativa aplicable, que son as normas e estándares aplicables aos elementos e labores recollidos na Guía.

También te podría gustar...