Francisco García reintegra o importe dos gastos ata que non se aclare a investigación polo suposto uso fraudulento da súa tarxeta

  • Francisco García reintegra ao Consello Regulador o importe total dos gastos que se cuestionan ata que non se aclare a investigación polo suposto uso fraudulento da súa tarxeta
  • O presidente da D.O. Valdeorras critica que certos vogais do Consello Regulador pretendan aproveitar a cuestión para confudir á opinión pública e critiquen gastos de representación que nunca se produciron

 

Francisco García destacou onte no decurso dun Pleno extaordinario celebrado nas instalacións do Consello Regulador da D.O. Valdeorras que deu orde á súa entidade financeira de reintegrar á entidade diferentes gastos emitidos desde a tarxeta de crédito que emprega como presidente da D.O., ata que a investigación polo seu suposto uso fraudulento sexa aclarada.

Francisco García presentou o pasado venres unha denuncia perante o cuartel da Guardia Civil da Rúa de Valdeorras, despois de detectar que se imputaron á tarxeta de crédito da que dispón en calidade de presidente do Consello Regulador diversos gastos sen o seu consentimento. Estes gastos foron efectuados entre os meses de maio e agosto suman un total de 1.021,61 euros.

O presidente do C.R.D.O Valdeorras lamenta que fallaran os mecanismos internos de control existentes, que terían permitido detectar antes o suposto fraude.

Gastos de representación

García

Francisco García

Xunto a isto, Francisco García critica que certos vogais do Consello Regulador pretendan aproveitar esta situación para confundir á opinión pública e critiquen os gastos de representación que, en facultade de presidente da entidade, pode efectuar sempre que vaian ligados ao seu cargo.

Neste sentido, García nega ter aboado unha comida en Oleiros o pasado 18 de xullo, tal e como se ten publicado na prensa, e sinala que tal comida si se produciu uns días antes, en concreto o 6 de xullo e foi despois de participar nun acto de promoción de viños de Valdeorras e doutras denominacións de orixe nun establecemento de Carrefour na Coruña, que estivo presidido pola directora xeral de Gandaría, Belén do Campo. O gasto desta comida ascendeu a 49,50 euros.

 

 

 

También te podría gustar...