‘Empregou’ beneficiará a máis de 450 xóvenes desempregados

  • En marcha o Plan de Emprego Xuvenil da Deputación de Ourense
  • O programa é unha das iniciativas contempladas para xuño de 2016 no cronograma do plan de mandato «Ourense 15-19»
  • A sinatura do convenio, hoxe, entre Deputación de Ourense e Ministerio de Industria beneficiará a máis de 450 xóvenes desempregados, de entre 16 e 30 anos, en materia de mellora de formación, fomento da contratación e autoemprego
  • O investimento total para o plan ascende a 3,6 millóns de euros, cofinanciados polo Ministerio de Industrial, o Fondo Social Europeo, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e a Escola de Organización Industrial
Manuel Baltar e Fernando Bayón

Manuel Baltar e Fernando Bayón

 

A Deputación de Ourense pon en marcha o Plan Xuvenil de Emprego «Empregou», unha iniciativa contemplada para xuño de 2016 no cronograma do plan de mandato «Ourense 15-19», que beneficiará a máis de 450 xóvenes desempregados, de entre 16 e 30 anos, en materia de mellora de formación, fomento da contratación e autoemprego.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral da Fundación Escuela de Organización Industrial (EOI), pertencente ao Ministerio de Industria, Fernando Bayón, asinaron hoxe no Pazo Provincial o convenio que posibilitará o desenvolvemento das actuacións enmarcadas no ámbito do emprego xuvenil, cuxo investimento total ascende a 3,6 millóns de euros, cofinanciados polo Ministerio de Industrial, o FSE, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e a Escuela de Organización Industrial. En concreto, o acordo contempla tres liñas de actuación: aceleración de emprendedores, programa de emprego xuvenil e axudas económicas a empresas para a contratación. O obxectivo é mellorar a formación dos xóvenes para o seu acceso ao mercado laboral, por medio de cursos especializados, e tamén fomentar a contratación, a través de axudas a empresas para a contratación de xóvenes desempregados, e finalmente, fomentar o autoemprego, con actividades de formación e axudas para que poidan poñer en marcha a súa propia empresa.

Os xóvenes desempregados recibirán formación e asesoramento gratuíto en espazos de coworking, accedendo a cursos especializados nas temáticas que máis demandan as empresas da provincia de Ourense, todo elo acompañado con axudas á contratación e a posta en marcha de novas empresas.

Manuel Baltar destacou trala sinatura do acordo co Ministerio de Industria «a importancia da cooperación entre administracións para dar un novo impulso ao emprendemento e ao apoio do emprego xove na provincia de Ourense».

Polo que atinxe aos espazos de coworking, están concibidos para emprendedores que estean constituíndo a súa empresa ou nunha fase moi temperá de creación (non superior aos 6 meses de constitución). Neste sentido, o emprendedor recibirá un apoio integral, tanto no que se refire ao espazo de traballo, formación, monitorización de 40 horas, talleres e eventos promocionais, durante os 5 meses que estará «acelerando» o seu proxecto.

Esta primeira edición de «Espazos Coworking» (en total son 4 edicións) permitirá impulsar 22 proxectos de emprededores, e o obxectivo é fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos emprendedores. A esta actuación súmanse os espazos coworking de Celanova e Xinzo de Limia, cofinanciados polo Igape.

O Plan de Emprego Xuvenil leva asociadas axudas a empresas para a contratación dos xóvenes formados, cun importa máximo de 5.000 euros por contrato, sendo o montante total das axudas á contratación de 360.000 euros.

También te podría gustar...