Deputación Ourense

 

Ditames que tratará no pleno ordinario a Deputación de Ourense mañá venres e que celebrarase a partires das 11:00h no Pazo Provincial ca capital ourensá.

Vai ser un plen cheo de actividade xa que ó comezo presentanse xa as actas das sesións anteriores, correspondentes á extraordinaria e á ordinaria do día 29 de xullo de 2014.

Entre os temas que se levarán a pleno ordinario, tratarse da modificación das bases reguladoras do  programa provincial BenOurense de asistencia técnica, económica e xurídica aos concellos da provincia en materia de servizos sociais comunitarios para o exercicio 2014.

Procedeuse á designación de representantes da Deputación no Consello Reitor do Padroado Provincial de Turismo.

Debatirase a moción do BNG para solicitar o rexistro da Deputación no dominio .gal. Tratarase no pleno a modificación dos créditos orzamentarios e das bases de execución do orzamento do exercicio 2014 mediante suplementos de créditos n.º 5/2014.

Procederase a publicación da expropiación forzosa para a execución da obra de mellora da estrada provincial OU-0701 Cabalar-Vilariño de Conso, treito O Mouro-Manzaneda, na Pobra de Trives.

Aprobarase definitivamente a subscrición dun convenio de cooperación con AGADER para o programa de mellora de camiños municipais 2014-2015.

Tratarase a creación do servizo supramunicipal de recollida e tratamento de residuos de obras de construción e demolición, asi coma a creación tamén do servizo público supramunicipal de xestión de residuos industriais non perigosos e especiais.