A Deputación de Ourense participa no «Congreso Nacional de Innovación» presentando os seus avances en e-Administración e «vídeo-acta»

1Fachada Deputacin

 

A Deputación de Ourense ven de ser convidada para presentar en Madrid as súas innovacións en materia de e-Administración e xestión electrónica, no «V Congreso Nacional de Innovación», que se celebrará os días 21 e 22 de abril. En concreto, o vicesecretario xeral da institución provincial, Juan Marquina, participara neste importante foro de innovación presentando os avances e experiencias da Deputación de Ourense nos campos da licitación electrónica e da xestión de actas de plenos en forma electrónica e audiovisual a través da denominada «Vídeo-acta».

O Congreso Nacional de Innovación celebra a súa quinta edición na Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Constitúe o principal encontro de ámbito nacional sobre administración electrónica e reúne aos representantes das distintas administracións públicas, as principais empresas do sector e a expertos relacionados co mundo da innovación e a xestión tecnolóxicas.

A Deputación de Ourense foi convidada a participar neste evento dadas as innovadoras e pioneiras achegas que ten realizado no ámbito da xestión tecnolóxica e da comunicación e participación cidadá, entre as que figuran a retransmisión en directo a través de Internet dos plenos ou as mesas de contratación ou mesmo a «Vídeo-acta», unha ferramenta tecnolóxica que novamente colocará á Deputación de Ourense na vangarda á hora de poder localizar en cuestión de segundos calquera termo nun documento.

 

También te podría gustar...