• O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañou aos rapaces do CEIP de Rubiá “Virxe do Camiño” na actividade dirixida a salientar os principais valores naturais do espazo protexido e as especies de fauna e flora protexidas existentes nel
  • Martínez subliñou que a Xunta leva investidos nos últimos anos máis de 600.000 euros neste parque natural e asegurou que “é unha obriga de todos o seu coidado e mantemento”

Día da natureza 2015 (2)

 

“Os montes da Serra da Enciña da Lastra conforman un lugar de grande importancia ecolóxica no ámbito da comunidade galega, tanto pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats, como pola súa xeomorfoloxía e paisaxe”. Así o sinalou este mediodía o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, no acto celebrado neste parque nacional emprazado no concello de Rubiá para celebrar o Día Mundial da Natureza.

Os escolares do CEIP de Rubia “Virxe do Camiño” participantes nesta xornada visitaron o Centro de Interpretación de Biobra viron un documental do parque natural Serra da Enciña da Lastra, no que se salientaban os os principais valores naturais do espazo protexido e as especies de fauna e flora protexidas existentes nesta zona, e presenciaron a solta dun gavilán do centro de recuperación do Veral en Lugo. Rogelio Martínez lembroulles que “é unha obriga para todos o seu coidado e mantemento. Estou seguro que a vosa estadía neste parque servirá para concienciarvos un pouco máis da importancia da protección da natureza”.

Día da natureza 2015 (1)

 

Neste acto o delegado territorial estivo acompañado polo xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Infraestrutura e Territorio, Victoria Núñez, e polo alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez.

O delegado territorial, na súa intervención, expuxo que a Xunta de Galicia neste parque natural, de máis de 3.150 hectáreas de superficie, leva investidos máis de 615.000 euros desde 2009. Estas subvencións “veñen a ratificar o compromiso da Xunta coa conservación, coa protección e coa mellora dos parques naturais da nosa comunidade e,máis en concreto, desta provincia”, afirmou.

Durante este ano está previsto que se execute as obras de sinalización do parque, o acondicionamento do Centro de Interpretación, e os traballos de protección de hábitats mediante o control de especies invasoras, proxectos que contan cunha achega se 63.000 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Dia da natureza 2015