Destacada la Transparencia e Participación Cidadá na Comisión de Deputacións

  • Rosendo Fernández destaca na Comisión de Deputacións o traballo que o goberno de Ourense realiza en Transparencia e Participación Cidadá
Rosendo Fernández na reunión da comisión de deputacións.

Rosendo Fernández na reunión da comisión de deputacións.

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou onte en Xaén na reunión da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares, que se celebrou na sede da Deputación Provincial de Xaén. Na reunión analizáronse as actuacións encamiñadas a incrementar a visibilidade das Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares. Rosendo Fernández explicou as actuacións que a Deputación de Ourense realiza no ámbito da identidade provincial, citando como exemplos «o debate sobre o Estado da provincia, o himno da provincia, e os premios ourensanía»; e tamén se referiu ao ámbito da Transparencia, «coa aprobación do código ético, a ordenanza de transparencia ou a carta de servizos, na que se explica qué se fai, quén e cómo, ademais da designación dun deputado delegado de Transparencia e o labor que a institución desenvolve no ámbito de «goberno aberto» e participación cidadá».

También te podría gustar...