Pleno Deputación Ourense

Pleno Deputación Ourense

 

No Salón de Plenos da Deputación de Ourense celébrase mañá venres, 14 de novembro, a partir das 11.00 horas, a primeira sesión plenaria da Corporación Provincial sobre o estado da provincia. A sesión poderá seguirse en directo, ao igual que acontece con todos os plenos, a través de Internet na páxina web da Deputación.

ORDE DO DÍA

1º.- Debate sobre o estado da provincia de Ourense, correspondente ao exercicio 2014.

2º.- Aprobación, se procede, de propostas de resolución formuladas polos grupos.

De conformidade co que se lles comunicou aos portavoces dos grupos políticos, na Xunta de Portavoces do día 27 de outubro de 2014, o desenvolvemento do Pleno extraordinario aterase ás seguintes regras:

1ª.- Cada grupo político poderá formular ata un máximo de 10 propostas de resolución. As propostas de resolución presentaranse por escrito desde a data da convocatoria ata o día 13 de novembro ás 11.00 horas, no Rexistro Xeral de documentos da Deputación Provincial.

2ª.- O debate abrirase cunha intervención da Presidencia por un tempo máximo de 40 minutos.

A continuación, cada grupo político disporá de 20 minutos de intervención para a formulación de réplica á intervención do presidente e defensa das propostas de resolución presentadas. A orde de intervención dos grupos estará determinada polo número de deputados cos que conten, intervindo en primeiro lugar o Grupo do BNG, en segundo lugar o Grupo Socialista e en terceiro lugar o Grupo Popular.

3ª.- Unha vez concluídas as intervencións dos grupos políticos, suspenderase a celebración do Pleno por un prazo de 30 minutos, durante os cales os portavoces dos grupos poderán reunirse para a negociación de posibles acordos respecto das propostas de resolución.

4ª.- O Pleno continuará cunha quenda de dúplica do presidente por un tempo máximo de 20 minutos, á que seguirá unha quenda de redúplica dos grupos políticos por un tempo máximo de 10 minutos cada un, coa mesma orde de intervención que a quenda de réplica.

5ª.- O debate pecharase cunha intervención do presidente por un tempo máximo de 5 minutos.

6ª.- Unha vez concluído o debate sobre o estado da provincia, procederase á votación das propostas de resolución presentadas, incluíndo as emendas que se acordasen ao respecto.

Adxuntamos propostas de resolución do PP, PSOE e BNG.