Cultura e Educación e o Centro Pen Galicia homenaxean ás letras galegas no Gaiás a través da VI Bienal Literaria

xunta de galiciaHoxe comunida a Xunta, que dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto ao Centro Pen Galicia renderanlle unha grande homenaxe ás letras galegas na VI Bienal Literaria en Compostela, que terá lugar do 2 ao 3 de outubro no Gaiás.

Con motivo do 25 aniversario da sección galega do PEN Internacional, a VI Bienal Literaria reunirán en Compostela narradores, xornalistas, escritores, poetas, novelistas e un nutrido grupo de representantes da nosa escrita. Tres mesas redondas, un recital poético-musical e unha conferencia maxistral a cargo do escritor arxentino Roberto Alifano sobre Borges compoñen a sexta edición dun dos eventos culturais máis destacados do panorama galego.

Así o recoñeceu o xurado dos Premios da Cultura Galega 2014, que ven de concederlle ao Centro Pen Galicia o premio na categoría de proxección cultural no exterior por ser un referente da dinamización da literatura en Galicia e na difusión internacional dos autores galegos, así como no establecemento de relacións con outras literaturas.

Xornalistas a debate
O programa da VI Bienal Literaria arranca o 2 de outubro na Biblioteca de Galicia coa primeira das tres mesas redondas dedicadas aos narradores e xornalistas. Recoñecidos profesionais como Camilo Franco, Santiago Jaureguízar, Luís Pousa ou Juan Tallón abordarán a situación do xornalismo cultural e en galego moderados polo xornalista de La Voz de Galicia, Xesús Fraga.

O día completarase cun recital poético-musical a cargo de Alba Cid, Gonzalo Hermo, Román Raña, Mario Regueira e Dores Tembrás, co acompañamento musical da formación Xardín Desordenado. O broche final porao o escritor arxentino Roberto Alifano que impartirá unha charla maxistral que levará por título ‘Borges e o xardín de conversas que se bifurcan’.

De balde ata completar a capacidade
A xornada do 3 de outubro comezará coa mesa redonda de novelistas, na que estarán Marilar Aleixandre, Alfredo Conde, Víctor F. Freixanes e Bieito Iglesias coa moderación de Inma Silva. Seguidamente será a quenda dos poetas, con Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Forcadela, María do Cebreiro, Xavier Seoane e Luciano Rodríguez.

A VI Bienal Literaria chegará ao seu fin cun encontro de luxo en Compostela: o que protagonizarán Nélida Piñón, Xosé Luís Méndez Ferrín e Manuel Rivas. A asistencia ás xornadas é totalmente de balde ata completar a capacidade.

También te podría gustar...