Concurso de fotografía do Concello de A Pobra de Trives, ‘Outono máxico’

Concurso de fotografía do Concello de A Pobra de Trives, 'Outono máxico'

 

Concurso de fotografía do Concello de A Pobra de Trives, ‘Outono máxico’.

Promovido polo Concello, plantexase coma unha ferramenta diferente para que a población participe a través da imaxe e se comunique co seu entorno social.

Non haberá límite de fotografías por autor. As obras deben ser orixinais do autor e non premiados con anterioridade. Deberán ser realizadas nesta época de outono, en calquera zona dentro do territorio do concello. Poderán estar englobadas en tres categorías:

– as nosas xentes,
– a nosa natureza,
– o noso patrimonio material,

Todas as fotografías se presentarán en formato impreso no tamaño 15×20 e en formato dixital en archivo JPEG con un nivel de alta calidade, na Oficina de Turismo de A Pobra de Trives cubrindo unha folla de inscrición que se lle facilitará na mesma podendo participar todo aquel que queira, tendo en conta que os menores de idade deberán contar coa autorización de pai/nai/titor legal.

O fallo do xurado farase público o día 8 de Novembro coa entrega de:

1º premio: Diploma + Marco Dixital + Cea para dúas persoas,
2º premio: Diploma + Marco Dixital
3º premio: Diploma + Album de Fotos + Marco de Fotos

Ademáis de un diploma a todos os participantes.

Co obxeto de difundir as fotografías participantes, iranse incorporando ao facebook de Turismo A Pobra de Trives cada unha delas co nome do seu autor. Igualmente serán expostas temporalmente nun lugar aínda por determinar dependendo do número de obras.
O concello reservaríase os dereitos das fotografías presentadas, incluídos os de exhibición, edición e reprodución, sempre sen ánimo de lucro e coa intención de levar a cabo a promoción do concello.

Lembrade que o prazo de envío obras finaliza o mércores 5 de Novembro ás 20:00h.

Para máis información sobre as bases do concurso:
Oficina de Turismo de A Pobra de Trives: 988 33 09 67

También te podría gustar...