Axudas 2º Plan Reactiva para a hostalería de Monforte

  • Logo de que este Plan fora presentado polo Alcalde, José Tomé Roca hai uns días, no día de hoxe as súas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP)
  • Deste xeito, o prazo de presentación de solicitudes para estas axudas directas á hostalería será de trinta días naturais, é dicir, dende mañá xoves 15 de abril e ata o venres 14 de maio ambos incluídos
  • Esta liña de axudas directas, posta en marcha polo Equipo de Goberno monfortino para paliar os efectos da Covid e os peches decretados pola Xunta de Galicia neste sector, está dotada cun total de 200.000 euros, podendo optar a elas todos os negocios de hostalería con domicilio fiscal en Monforte
  • Mediante estas axudas, concederase unha contía fixa de 2.000 euros, ás pequenas empresas, isto é, autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia, que sexan titulares de establecementos de hostalería, é dicir bares, restaurantes, cafeterías, con domicilio fiscal en Monforte, que estiveran abertos ó público antes do día 1 de xaneiro de 2021
  • Nestas bases, o Concello de Monforte simplifica ó máximo os requisitos para optar a estas axudas, tendo que presentar soamente un único impreso de solicitude normalizado, no que se inclúe a petición da axuda e a declaración responsable do demandante
  • “Con esta nova liña de axudas, o Concello de Monforte segue apoiando ás empresas e ás familias, neste caso ó sector hostaleiro. Con esta axuda, chegamos a 1.2 millóns de euros en axudas distribuídas por este Concello por mor da Covid, o que representa un 8,5% do orzamento municipal, porcentaxe que no temos noticia que haxa alcanzado ningunha outra administración” subliñou o rexedor municipal

 

Modelo Solicitude

Bases

 

 

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP) ven de publicar as as bases do 2º Plan Reactiva para a Hostalería de Monforte, polo que dende mañá e ata o venres 14 de maio, as empresas de hostalería monfortinas poderán solicitar as axudas nel destinadas.

O pasado mércores 31 de marzo, o rexedor municipal dera a coñecer posta en marcha desta liña de axudas directas á hostalería monfortina, dotada cun total de 200.000 euros, ás que poderán optar todos os negocios de hostalería con domicilio fiscal en Monforte.

Segundo os datos municipais, son 98 establecementos hostaleiros, polo que no caso de que solicitaran todos as axudas, o gasto total sería de 196.000 euros, por iso dende o Concello estableceuse a partida en 200.000 euros.

“Concederemos unha contía fixa de 2.000 euros, ás pequenas empresas, isto é, autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia, que sexan titulares de establecementos de hostalería, é dicir bares, restaurantes, cafeterías, con domicilio fiscal en Monforte, que estiveran abertos ó público antes do día 1 de xaneiro de 2021” subliñou o rexedor municipal, na presentación destas axudas.

Unha vez aprobadas as bases pola Xunta de Goberno municipal e publicadas no BOP, o prazo de presentación de solicitudes para estas axudas directas á hostalería será de trinta días naturais, é dicir, dende mañá xoves 15 de abril e ata o venres 14 de maio ambos incluídos.

Esta nova liña de axudas ven motivada logo de que o Goberno da Xunta de Galicia establecese, mediante a Orde do 26 de xaneiro de 2021 as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que supuxo, dende o mércores 27 de xaneiro, o peche da hostalería, unha medida que estivo vixente, alomenos durante un mes, en moitas partes de Galicia. Polo tanto, estas axudas que teñen por obxectivo paliar os prexuízos que este peche, supuxo para os hostaleiros monfortinos.

 

2º Plan Reactiva para a Hostalería de Monforte

É este un plan de axudas directas á hostalería para impulsar a actividade económica deste sector no Concello de Monforte. Para elo, dende o Equipo de Goberno destínase unha partida total de 200.000 euros.

En concreto, concederase unha contía fixa de 2.000 euros, ás pequenas empresas, isto é, autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia, que sexan titulares de establecementos de hostalería, é dicir bares, restaurantes, cafeterías, con domicilio fiscal en Monforte, que estiveran abertos ó público antes do día 1 de xaneiro de 2021.

Polo tanto, inclúense nestas axudas a aqueles negocios cuxa actividade se veu afectada pola orde de peche temporal da  Xunta de Galicia, en concreto a ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

O  solicitante da axuda, non deberá ter débeda ningunha pendente co Concello de Monforte de Lemos. Este requisito verificarase de oficio pola Administración Municipal.

Con todo, a axuda poderá solicitarse igualmente, e irá destinada a compensar ou reducir a débeda que o titular do negocio hostaleiro teña co Concello, podendo recibir a diferencia se a cantidade debida fose inferior á axuda concedida.

As solicitudes, que deberán dirixirse ao Area de Promoción Económica e Desenvolvemento Local do Concello de Monforte, poderán presentarse a través da Sede Electrónica do Concello de Monforte ou de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello, incluíndo o correspondente modelo de solicitude normalizado así como toda a documentación que esta convocatoria require.

A idea do Equipo de Goberno é darlle a axuda a todos os hostaleiros, por iso a  concesión da subvención efectuarase en réxime de concorrencia non  competitiva e a resolución das axudas realizarase por rigorosa orde de entrada. O prazo máximo para resolver e notificar a concesión da axuda será de tres meses a contar dende o día seguinte á finalización do prazo de presentación das solicitudes.

O Concello de Monforte simplifica ó máximo os requisitos para ter dereito ás axudas, tendo que presentar os interesados soamente un único impreso de solicitude normalizado, no que se inclúe a petición da axuda e a declaración responsable do demandante.

 “Con esta nova liña de axudas”, salientou o Alcalde na presentación das axudas, “o Concello de Monforte segue axudando ás empresas e ás familias, neste caso ó sector hostaleiro. As axudas que levamos mobilizado ata agora supoñían arredor de 1 millón de euros, o que significaba máis dun 7% do noso orzamento, porcentaxe que no temos noticia que haxa alcanzado ningunha outra administración. A título de exemplo, podemos comprobar que este mesmo ano a Xunta de Galicia está falando de destinar axudas do 1% do seu orzamento, cando nós destinabamos máis do 7%, concretamente o 7,35% do noso orzamento. Con esta nova axuda, chegamos ó 1.2 millóns de euros, o que representa un 8,5% do orzamento municipal.”

José Tomé tamén subliñara na súa intervención que “este Equipo de Goberno segue demostrando o seu compromiso decidido cos nosos veciños e coas empresas de Monforte, neste caso de hostalería, a través de axudas áxiles, directas e efectivas que teñen por obxectivo paliar as dificultades económicas derivadas da crise sanitaria da Covid-19. E mentres sexa necesario, este Concello seguirá destinando todas aquelas partidas económicos e servizos que sexan necesarios para axudar ó tecido social e empresarial de Monforte”.