Aprobada a creación dun servicio supramunicipal de recollida e tratamento de residuos de obras de construción e demolición

Deputación Ourense

 

No derradeiro pleno ordinario da Deputación Provincial de Ourense, aprobouse a creación dun servicio supramunicipal de recollida e tratamento de residuos de obras de construción e demolición, co voto favorable do Partipo Popular e a reserva de voto do Grupo Socialista e do BNG.

A planta de tratamento de residuos da construción e demolición (rcd’s) se ubicará físicamente na comarca da Limia, localizada entre os núcleos rurais de Morgade e A Pena no Concello de Xinzo de Limia, na estrada provincial OU-1102.

A planta desenvólvese nunha parcela de 21.283 m2 de superficie cun vertedoiro de 64.900 m3 de volume, para unha capacidade de tratamento de 20.682 Tn/ano, cun 78,8 % de recuperación, co que se tería unha previsión de 18.108 Tn/ano de áridos recuperados.

As instalacións son de propiedade da Deputación Provincial de Ourense, executada a súa construción a través do Proxecto Arraiano, financiado con fondos FEDER, a través do proxecto construtivo redactado en decembro do ano 2008.

A actividade para desenvolver nas instalacións é a de tratamento e xestión de residuos da construción e demolición, e permite a clasificación e reciclado de rcd’s mesturados, procedentes tanto da demolición de edificios completos, sen clasificación en orixe, como de entullos xerados en obras menores.

Dentro da planta lévanse a cabo unha serie de operacións relacionadas co aproveitamento máximo dos materiais contidos nos rcd’s, que se describe posteriormente:

  1. Recepción do material bruto.
  2. Separación de residuos orgánicos e perigosos (e a súa entrega a xestores autorizados).
  3. Almacenamento de terras de escavación aptas para usos posteriores.
  4. Separación de voluminosos se existen.
  5. Separación de madeiras, plásticos, cartóns e férricos con posterior almacenamento e amontoamento para a súa entrega a xestores autorizados e especializados no seu reciclado.
  6. Tratamento do material pétreo apto para o reciclado: cribado, limpeza, moenda e clasificación, disposición das distintas tipoloxías de áridos reciclados, e eventuais mesturas, con vistas o seu emprego en diferentes tipos de obras, infraestruturas ou procesos (prefabricados, formigóns, etcétera).
  7. Eliminación controlada dos inertes tratados non aptos para o reciclado.

Posto que os ditos residuos están formados por varios tipos de materiais, nas cargas poden vir mesturados madeiras, plásticos, chatarras, xeso, ladrillos, formigón, papel, cartón, asfalto, lixo e, incluso, residuos perigosos (amianto, botes de pintura, aerosois, etcétera), sendo algúns destes susceptibles de reciclaxe e valorización, mentres que outros (residuos perigosos) no serán admitidos na planta.

Tendo en conta esta circunstancia procederase a unha dobre inspección do material:

  • Sobre o camión que transporta o contedor realizarase unha primeira inspección visual.
  • No propio punto de descarga, onde a disposición da carga nunha tongada fina permite a súa inspección ocular polo operario da planta.

Se a totalidade da carga do camión se corresponde cun dos materiais susceptibles de reciclaxe (por exemplo madeira), a dita carga será directamente descargada na zona de amontoamento temporal do material de que se trate.

No caso de que a carga sexa mixta, unha vez esta foi pesada e descargada na zona de descarga, levarase a cabo unha clasificación previa ou separación da fracción reciclable daqueles elementos de maior tamaño. Para elo empregarase unha máquina retro adaptada ao dito traballo que introducirá os distintos materiais nuns contedores previstos, cunha capacidade unitaria de 30 m3, situados xunto á zona de descarga, destinados á separación de elementos de gran tamaño de madeira, metal e papel. O contido de cada un destes será entregado a xestores autorizados para o seu reciclado ou eliminación.

Se os elementos de gran tamaño fosen de natureza mineral (formigón, pedras, elementos cerámicos…) se transportan a unha machucadora, para a obtención de lastre artificial.

Por outra parte, tamén é posible que, xunto con eles, se atopen outro tipo de residuos non incluídos dentro dos admisibles na planta (botes de pintura, aerosois, amianto, etcétera) e que pola súa condición de perigosos se amontoarán temporalmente nun contedor con tapa para finalmente ser entregados a un xestor autorizado.

Por último, no caso de que no contedor do camión se atopen residuos asimilables a urbanos, estes igualmente amontoaranse temporalmente e  entregaránselle a un xestor autorizado para tal fin.

Unha vez que o material é preseleccionado, será sometido ao proceso de limpeza que se detalla a continuación:

  • Con axuda dunha pala cargadora introducirase o material na tremoia de alimentación da cribadora, onde se levará a cabo un cribado deste. A cribadora consiste nun baruto cilíndrico, a través do cal pasa o material para cribar mentres o baruto está xirando. Os elementos de tamaño inferior ao paso do baruto son recollidos nunha cinta, saíndo o rexeitamento polo extremo inferior do cilindro. O rexeitamento estará constituído polos elementos de maior tamaño, que pasarán á seguinte fase de limpeza (clasificación manual). Os finos sairán da cribadora por medio dunha cinta lateral para ser posteriormente trasladados á súa correspondente zona de amontoamento.
  • O produto de maior tamaño será conducido por medio dunha cinta transportadora dende a cribadora ata a cabina de clasificación manual, pasando por un ciclón de aire e un proceso de separación magnética. No ciclón de aire separaranse os materiais de menor peso específico (papeis, plásticos, etcétera) e depositaranse directamente no contedor correspondente. Mediante a separación magnética segregaranse os materiais férricos.
  • Na cabina de clasificación manual, o operario da planta separará os materiais non susceptibles de machuqueo deixándoos caer a catro contedores situados baixo a cabina (madeira, metais non férricos, plásticos e rexeites).
  • O entullo xa limpo será conducido a través dunha cinta transportadora ata a zona de amontoamento temporal.