Alumnos do Instituto arxentino-galego “Santiago Apóstol” visitaron a Deputación de Ourense

  • Rosendo Fernández explicoulles o desenvolvemento e o labor do ente provincial

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu a doce alumnos e alumnas do Instituto arxentino-galego “Santiago Apóstol” que visitaron esta mañá o Pazo Provincial. Rosendo Fernández recibiu no Salón de Plenos aos alumnos arxentinos, con idades comprendidas entre 17 e 18 anos, e explicoulles o funcionamento do ente provincial. Os estudantes estiveron acompañados polo presidente do PEN Galicia, Luís González Tosar.

A visita ao goberno provincial enmárcase dentro dunha viaxe de estudos que está a realizar por Galicia a promoción 2015 para coñecer o patrimonio cultural de Galicia e culmina na cidade de Ourense pois tras a recepción na Deputación de Ourense, os alumnos continuarán o seu percorrido visitando en Trasalba a Fundación Otero Pedrayo, a vila do Carballiño, o Mosteiro de Oseira e a Insua dos Poetas, en Madarnás.

Alumnos do Instituto arxentino-galego “Santiago Apóstol” visitaron a Deputación de Ourense

Alumnos do Instituto arxentino-galego “Santiago Apóstol” visitaron a Deputación de Ourense

También te podría gustar...