O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, a alumnos da Escola Internacional de Goberno de México, procedentes de diferentes estados do país, os cales se atopan de visita en Galicia para afondar no seu coñecemento en materia de comunicación política, acompañados polo responsable da Escola Internacional de Goberno e director técnico da Consultora Carpe Diem, Eladio Jardón.

Alumnos da Escola Internacional de Goberno de México visitan a Deputación de Ourense

Alumnos da Escola Internacional de Goberno de México visitan a Deputación de Ourense

Na reunión acompañaron ao presidente da Deputación de Ourense o deputado de Cultura, Manuel Doval; o deputado responsable da área de Cooperación, Pablo Pérez, e a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen lles explicaron o funcionamento do ente provincial. Eladio Jardón afirmou que a visita á Deputación de Ourense debía realizarse por ser “un exemplo de éxito da transformación dunha provincia e por ser Ourense a primeira provincia en vivir accións que nunca antes se realizaron como a presentación dun candidato á Deputación”.