• A Xunta alerta dun episodio de temperaturas máximas de nivel laranxa que afectará mañá ás catro provincias galegas
  • Nas horas centrais do día espéranse temperaturas de ata 41 graos nalgunha zona da provincia de Ourense; e entre 38 e 40 graos no resto das provincias
  • Aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 www.112galicia.org, que conta con información meteorolóxica máis detallada e con enlaces de interese
  • Recomendase especial coidado coas persoas maiores, discapacitadas, nenos menores de 5 anos, persoas con enfermidades crónicas, e persoas que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre

 

ola-de-calor-5A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun episodio de temperaturas máximas de nivel laranxa que se iniciará maña nas horas centrais do día e que afectará ás catro provincias galegas.

Segundo as estimacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse no interior e suroeste da provincia da Coruña os 38 ºC; na provincia de Ourense poderán acadarse os 39ºC no Noroeste, os 40ºC no Sur e 41ºC na zona do Miño; na provincia de Pontevedra, espéranse 38ºC nas Rías Baixas e 39ºC no Interior e zona do Miño; e no sur da provincia de Lugo espéranse 40 ºC.

Nas zonas do Oeste da Coruña (36ºC); Centro (38ºC) e Montaña (34ºC) de Lugo; Valdeorras (37ºC) e Montaña (36ºC) de Ourense acadarase nivel amarelo por altas temperaturas.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos afectados, aos servizos provinciais de Protección Civil, e aos bombeiros, entre outros.

Consellos e recomendacións

Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións, especialmente ás persoas maiores, discapacitadas, nenos menores de 5 anos, persoas con enfermidades crónicas, que tomen algunha medicación habitualmente ou que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre:

– Limite a súa exposición ao sol, permaneza en lugares protexidos do sol o maior tempo posible e mantelos ben ventilados. – Teña en conta que o entrar e saír destes lugares, prodúcense cambios bruscos de temperatura que poden afectarlle. – Tome comidas lixeiras e regulares, bebidas e alimentos ricos en auga e sales minerais, como as froitas e hortalizas, que lle axuden a repoñer as sales perdidas polo suor. – Vístase con roupa adecuada de cores claros, cubrindo a maior parte del corpo, especialmente, a cabeza. – Evite exercicios físicos prolongados nas horas centrais do día. – Interésese por persoas maiores e enfermas próximas, que vivan solas ou illadas. – Nunca deixe a nenos nin persoas maiores no interior dun vehículo cerrado.